O incendio en Porto do Son calcinou xa 30 hectáreas

A Xunta desactivou a alerta ante a evolución positiva. Hai outros incendios activos na provincia de Ourense.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/07/2020 | Actualizada ás 23:21

Comparte esta noticia

O incendio forestal que este martes afecta o municipio coruñés de Porto do Son afectou a unha superficie estimada de 20 hectáreas de terreo aínda que se solicitou a desactivación da alerta ante a evolución positiva do control do lume.

Segundo informa a conta de Twitter '@Incendios085', pasadas as 22.3ou horas solicitouse a activación da 'situación 2' que se activou ante a proximidade das chamas ao núcleo de Queiro, na parroquia de Nebra.

O lume declarouse na parroquia de Nebra ás 16,51 horas. Polo momento participaron nas tarefas de control sete helicópteros, seis avións, cinco motobombas, dúas pas, once brigadas e cinco axentes.

Ademais, outros dous incendios forestais permanecen activos na tarde deste martes. O primeiro afecta á parroquia de San Lourenzo de Pentes, na Gudiña (Ourense), e está controlado desde as 20,04 horas.

Este lume iniciouse ás 17,28 horas e afecta a 10 hectáreas. Os medios despregados na zona son un helicóptero, tres avións, tres motobombas, cinco brigadas e tres axentes.

O incendio de Padrenda (Ourense), na parroquia de Crespos, conta con tres focos e iniciouse ás 15,20 horas. Atópase estabilizado desde as 19,48 horas e as primeiras estimacións cifran a superficie afectada entre tres e cinco hectáreas. Traballan catro helicópteros, tres avións, catro motobombas, once brigadas e dous axentes.

Incendio
Incendio | Fonte: remitida

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta