190 hectáreas queimadas no incendio de Viana do Bolo que segue sen control

Trátase do incendio forestal máis grande no que vai de tempada ao pasar a superficie afectada polo lume de Verín que permanece estabilizado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/07/2020 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O incendio activo en Viana do Bolo desde a tarde do xoves permanece activo e calcinou xa 190 hectáreas, segundo a actualización deste mediodía de venres da Consellería de Medio Rural.

O lume, iniciado ás 20,28 horas do xoves na parroquia de Vilardemilo, rexistrou ata cinco focos diferentes no seu comezo, polo que este departamento apunta a unha "clara intencionalidade".

Trátase do incendio forestal máis grande no que vai de tempada ao pasar a superficie afectada polo lume de Verín  que permanece estabilizado --aínda sen control--. Neste último traballaron 10 helicópteros e nove avións, entre outros.

Incendio Viana do Bolo
Incendio Viana do Bolo | Fonte: @BrifLaza

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta