Os contactos estreitos dos dous casos de Covid-19 en Barbadás dan negativo

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 25/07/2020 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Os 29 contactos estreitos dos dous casos de Covid-19 detectados no municipio de Barbadás (Ourense) deron negativo nas probas PCR practicadas por profesionais do Sergas ao longo do pasado venres.

Mostra para facer un test de coronavirus
Mostra para facer un test de coronavirus | Fonte: © Miguel Núñez.

Segundo fontes sanitarias, ás 23 persoas identificadas polos rastreadores do Sergas como contactos estreitos sumáronse outras seis máis. Todas deron negativo e deberán gardar corentena durante 14 días.

Pertencen ao círculo de contactos dos dous mozos procedentes do País Vasco que deron positivo na proba do Covid-19. Atópanse en Barbadás en "illamento domiciliario e con sintomatoloxía leve".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta