As grandes construtoras lánzanse ao negocio eólico en Galicia

A construtora Lantania prevé levantar catro novos parques eólicos.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 30/07/2020 | Actualizada ás 13:21

Comparte esta noticia

Lantania, construtora xurdida da extinta Isolux, vén de desembarcar no sector das enerxías renovables cun investimento de 146 millóns en tres anos para promover unha carteira de parques eólicos en Galicia que sumarían 250 megawatts (MW), segundo informou a empresa.

A construtora adiantou que vén de iniciar nunha primeira fase a tramitación administrativa ante a Xunta de Galicia para a construción de catro parques eólicos de máis de 150 MW de potencia. Destas instalacións, tres levantaranse na provincia da Coruña e unha cuarta na de Pontevedra, segundo detalla a empresa nun comunicado.

Lantania canalizará estes proxectos a través do seu vehículo investidor 'LAN2030', destaca o impulso que o seu investimento terá na economía e a industria local.

Sede de Lantania. LANTANIA - Arquivo
Sede de Lantania. LANTANIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta