A Xunta non suspenderá o marisqueo na ría do Burgo ata que o Estado adxudique o contrato de dragado

O Goberno galego nega que haxa "fundamento legal" para paralizar a extracción durante a licitación das obras.

Por E.P. | A CORUÑA | 04/08/2020 | Actualizada ás 13:33

Comparte esta noticia

A Xunta advirte de que non suspenderá a actividade marisqueira na ría do Burgo ata que o Estado adxudique o contrato de dragado e subliña o seu "compromiso" de parar os plans de explotación da zona cando se considere "indispensable" que non haxa actividade para "executar os traballos".

Nunha nota de prensa, o Goberno galego contesta así á carta enviada pola ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribeira, ao presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, para "desencallar" a situación o pasado día 30. Na misiva, a ministra pedía que o Goberno galego "acredite a inexistencia de autorizacións vixentes" de pesca e marisqueo porque, dicía, era "requisito imprescindible" para a licitación das obras.

O Executivo autonómico nega que haxa "fundamento legal" para que a suspensión se dite durante a licitación que, alerta, "pode prologarse durante varios meses" e critica, pois, que esta decisión puidese "privar do seu medio de vida" aos profesionais do mar "máis tempo do estritamente necesario para executar as obras".

No comunicado, a Xunta afirma que a "lei de contratos do sector público" defende que só é "indispensable" que non haxa actividade nos terreos "para poder executar os traballos, unha vez adxudicados". No momento en que se asine o contrato, engade o Goberno galego, ordenarase "inmediatamente" o cesamento da actividade.

Reunión entre administracións para abordar o proxecto do dragado da Ría do Burgo. XUNTA
Reunión entre administracións para abordar o proxecto do dragado da Ría do Burgo. XUNTA | Fonte: XOAN CRESPO

CRÍTICAS

Pola súa banda, a subdelegada do Goberno na Coruña, Pilar López-Rioboo, denunciou este martes que a Xunta "bloquea intencionadamente" a rexeneración da ría do Burgo e asegurou que o "único trámite" pendente para licitar a obra é a certificación da disposición dos terreos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta