Tirón de orellas de Contas a BNG, Anova e En Marea por non diferenciar as contas bancarias para os ingresos en 2016

O BNG recibiu 1,32 millóns de orixe privada; Anova, máis de 130.000 euros e En Marea, 40.000.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/08/2020 | Actualizada ás 20:58

Comparte esta noticia

O Tribunal de Contas recolleu, no seu informe de fiscalización de 2016, que nin BNG, nin Anova nin En Marea tiñan diferenciadas as contas bancarias para a recepción de doazóns e achegas, unha cuestión que, segundo este informe, vai en contra do disposto na lei de financiamento de partidos políticos.

Con todo, nos tres casos --tomando como referencia as formacións políticas que só operan en Galicia--, e da análise das partidas que integran os ingresos de orixe privada, Contas "non observou incidencias", sinala o informe, recollido por Europa Press, e referido a 2016.

No caso do BNG, estas contías de orixe privada ascendes a 1.325.811,64 euros; no caso de Anova, trátase de ingresos por importe de 59.688,01 euros (carácter electoral), 37.565,58 (afiliados) e 34.830 euros (achegas de cargos públicos); e no caso de En Marea son fundamentalmente de doazóns por importe de 26.780 euros (doazóns) e de ingresos electorais de orixe privada por 14.297 euros.

No informe do Tribunal de Contas, o BNG presenta un pasivo ao comezo de 2017 de 1.622.481,62 euros e un endebedamento financeiro de 1.547.718,25 euros.

O BNG presentaba un patrimonio neto dun saldo negativo de 48.089,14 euros, xa que --apunta--, "aínda incorporándose o resultado positivo do exercicio (506.157,33 euros), os resultados anteriores ascendían a 554.246,47 euros de débeda. Os ingresos de 2016 ascendían a 2.243.214,72, dos que 917.403,08 euros (un 41%) corresponden a recursos de orixe pública e 1.325.811,64 euros (un 59%) a recursos de orixe privada.

CONTA PROPIA

No ámbito das "irregularidades", Contas advirte de que o BNG continuaba en 2016 "sen dispor dunha conta bancaria para o ingreso das achegas privadas", o que "incumpre" a lei de financiamento --aínda que non detectou incidencias nestes ingresos--. As cotas dos afiliados recadadas nas sedes comarcais, por importe de 1.057,60 euros, "non foron ingresadas en contas bancarias específicas", o que tamén vulnera a lei.

Así mesmo, apunta que unha parte das asignacións concedidas aos grupos políticos do BNG en entidades locais --deputacións e concellos-- foron ingresadas directamente desde as diferentes institucións nas contas bancarias de titularidade do partido, "o que vai en contra " do disposto na lexislación vixente.

As asignacións dos grupos ingresadas en contas bancarias da formación suman 331.442,86 euros, dos que se contabilizaron 294.602,62 euros, mentres que os restantes 36.840,24 euros correspóndense ás asignacións ingresadas por sedes comarcais non integradas nas contas anuais.

"Deste xeito, os grupos políticos, nas administracións locais, non figuran como aportantes, senón que, conforme ás contas anuais presentadas, estes ingresos contan como subvencións directas ao partido, que en ningún caso están contempladas dentro dos recursos procedentes do financiamento público", enumerados na lei.

ANOVA

No caso de Anova, a formación fundada por Xosé Manuel Beiras, ademais de sinalar que non hai contas diferenciadas, apunta que a conta bancaria destinada ao ingreso das cotas dos afiliados recibiu catro ingresos por importe de 7.068,17 euros "que non corresponden a este concepto".

Contas reprende tamén a esta formación porque en 2016 "non aprobara unhas instrucións internas" que regulen os procedementos de contratación e que, conforme á lei, "teñen que inspirarse nos principios de publicidade, concorrencia, transparencia, confidencialidade, igualdade e non discriminación".

EN MAREA, AMEAZA DE SANCIÓN

A formación política En Marea, que se constituíu o 2 de maio de 2016 e rexistrouse o 10 agosto de 2016 como partido, presentou as contas dese ano fóra de prazo, segundo figura no informe, recollido por Europa Press.

Ademais da advertencia que fai sobre os ingresos de índole privada, como ás outras dúas formacións políticas, Contas apunta que non se ingresaron na conta bancaria destinada ao ingreso de doazóns a totalidade das recadadas a través dunha plataforma de pago oline, por importe de 111,29 euros. Tampouco se ingresaron no Tesouro, no prazo de tres meses desde o peche do exercicio, os 2.560 das doazóns non identificadas.

Ademais, o partido recibiu doazóns por importe total de 170 euros procedentes de dúas persoas xurídicas, "incumprindo" un artigo da lei de financiamento. A este respecto, Contas advirte que a aceptación de doazóns que contravengan as limitacións e requisitos establecidos podería constituír unha irregularidade sancionable tipificada na propia lei orgánica.

O conselleiro maior do Consello  de Contas, José Antonio Redondo, entrega ao presidente do Parlamento,  Miguel Santalices, a memoria anual do Consello de Contas. PARLAMENTO DE GALICIA
O conselleiro maior do Consello de Contas, José Antonio Redondo, entrega ao presidente do Parlamento, Miguel Santalices, a memoria anual do Consello de Contas. PARLAMENTO DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Poitireiti

Primeiro di que: "segundo este informe, vai en contra do disposto na lei de financiamento de partidos políticos". Xusto de seguido: "Con todo, nos tres casos --tomando como referencia as formacións políticas que só operan en Galicia--, e da análise das partidas que integran os ingresos de orixe privada, Contas "non observou incidencias", sinala o informe". ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿???????????

2 Brais Rodríguez

Los pufos de los nacionalistas y la extrema Izquierda. O porqué les gusta tanto el nacionalismo catalán y su 3%.Todo por Galicia

1 BREAKING BAD

O que eu opino do tribunal de contas da monoarquia constitucional e do pepeiro e demais cuchipandas... non pode ser publicado pois seria obxeto de incriminación legal é que claro o sentido do humor tamen pode ter os seus lindes morais e éticos dentro da comedia negra e sórdida que anque seria, e dende logo comica que se adquire a ler libros densos aparte de voluminosos.