A Xunta di agora que non pode parar o ERE de Alcoa porque "quere marchar de Galicia"

Unha concentración con lanzamento de ovos fai que os representantes de Alcoa dean media volta e se atrase a súa reunión co comité.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2020 | Actualizada ás 11:51

Comparte esta noticia

A Xunta di agora que non vai poder parar o ERE de Alcoa. Así o manifestou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, quixo aclarar o papel da Xunta, como autoridade laboral, para apuntar que "non hai ningunha potestade xurídica para poder parar o ERE" de Alcoa.

Nunha entrevista coa Radio Galega, que recolle Europa Press, Conde explicou que a autoridade laboral "non pode autorizar ou desautorizar o ERE", senón que o seu labor é o de velar por que o período de consultas fose "garantista", para o que se emitiron ata "seis advertencias" co fin de "garantir que se estaba traballando de boa fe".

Agora, a empresa comunicará á autoridade o resultado desas consultas e se houbo "acordo ou desacordo". Iso si, a Xunta constatou que Alcoa "non ten un problema estrutural", polo que "si se pode dar continuidade á actividade industrial sen necesidade de parar as cubas".

Así, considera que este xoves se debe finalizar a negociación do ERE e, a partir de aí, "hai unha empresa que se quere marchar de Galicia, que se chama Alcoa", e hai outra interesada en comprar, "que se chama Liberty House", polo que apela a "axuntar os intereses de comprador e vendedor".

ALCOA "EQUIVOCOUSE" AO NON ASISTIR Á MESA MULTILATERAL

Así mesmo, Conde considera que Alcoa "equivocouse" ao non asistir á reunión da mesa multilateral convocada o mércores polo Goberno, "porque o que toca agora é buscar solucións" e "non é o momento de enrocarse na súa posición e impedir que se produzan avances". "Onte perdeu unha oportunidade para sumarse ao esforzo de todas as partes", agrega.

O comité de Alcoa á espera da dirección para que  se celebre a firma das actas finais do período de consultas do ERE. COMITÉ DE ALCOA
O comité de Alcoa á espera da dirección para que se celebre a firma das actas finais do período de consultas do ERE. COMITÉ DE ALCOA | Fonte: Europa Press

Mentres, Francisco Conde afirma que seguirán "traballando conxuntamente" co Goberno e os sindicatos co "obxectivo de dar continuidade á actividade industrial". E é que hai un "obxectivo moi claro de que se poida producir a venda pola parte de Alcoa".

REUNIÓN DESTE XOVES

Pola súa banda, o comité de empresa e a dirección de Alcoa estaban citados a partir das 10,00 horas este xoves en Lugo para continuar coas negociacións a falta de que se asinen as actas finais de desacordo do período de consultas.

Con todo, á chegada en furgoneta dos representantes de Alcoa atopáronse cunha concentración e o lanzamento de ovos, polo que optaron por dar media volta, o que provoca que a reunión aínda non comezase sobre as 11,30 horas.

Ademais, o comité defende unha prórroga de seis semanas do período de consultas para que se facilite o proceso de venda da planta de San Cibrao.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta