Galicia e Portugal intercambiarán información sobre a evolución da pandemia

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 07/08/2020 | Actualizada ás 18:32

Comparte esta noticia

Galicia e Portugal acordaron establecer unha colaboración para intercambiar información sobre a evolución da situación epidemiolóxica pola COVID-19.

O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, durante a videoconferencia co Secretario de Estado de Saúde de Portugal, António Sales
O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, durante a videoconferencia co Secretario de Estado de Saúde de Portugal, António Sales | Fonte: Xunta

O conselleiro de Sanidade en funcións, Jesús Vázquez Almuiña, falou este venres por videoconferencia co Secretario de Estado de Saúde do Ministerio de Saúde de Portugal, António Sales, e acordaron que Galicia facilitará os datos das súas áreas sanitarias a Portugal e o país veciño fará o propio coa información das súas rexións.

Esta medida intégrase no "espírito de colaboración que tradicionalmente manteñen Galicia e Portugal", que ten na actualidade "unha especial relevancia" pola pandemia, destacou a consellería que dirixe Almuiña.

Ambos os territorios teñen "unha estreita relación e un continuo tránsito de viaxeiros dun lado e outro da fronteira", agregou Sanidade, que considerou que o coñecemento das respectivas situacións epidemiolóxicas "será unha ferramenta máis para adoptar con maior rapidez as medidas sanitarias máis adecuadas" contra a COVID-19.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta