Por E.P. | Pontevedra | 10/08/2020 | Actualizada ás 18:04
A Policía Local do Grove tramitou 30 propostas de sanción por incumprimento das 'normas COVID' durante o pasado fin de semana nesta localidade pontevedresa.
Segundo informou o Concello do Grove nun comunicado de prensa, os axentes tramitaron 30 propostas de sanción pola "ausencia de uso de máscara" e por non manter a distancia social.
As infraccións foron detectadas tanto nos areais da localidade como nas vías urbanas e nas diferentes quendas horarias, xa que este fin de semana pasado, lembraron as mesmas fontes, comezou o servizo nocturno.
A Policía Local incide na "importancia destas medidas" xa que, lembra, "a día de hoxe son a única posibilidade de frear o virus". "A responsabilidade individual e a colaboración de todos mantendo a distancia social, empregando a máscara e seguindo as indicacións nos lugares aos que se acceda resulta fundamental", conclúe, para avisar de que se "manterán os esforzos informando, pero non se permitirán incumprimentos que poñan en risco a poboación".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.