Un novo lume no Parque Natural do Xurés deixa 2,5 hectáreas queimadas

Tivo lugar no concello de Muíños.

Por Galicia Confidencial | Muíños | 17/08/2020 | Actualizada ás 10:44

Comparte esta noticia

Un incendio forestal declarado na noite do domingo na parroquia de Requiás no municipio ourensán de Muiños quedou extinguido na madrugada deste luns tras queimar 2,5 hectáreas no Parque Natual Baixa Limia-Serra do Xurés.

Incedio forestal no Parque Natural do Xurés, no Concello de Muíños
Incedio forestal no Parque Natural do Xurés, no Concello de Muíños | Fonte: BRIF Laza

Segundo informou a Consellería do Medio Rural, este lume comezou ás 21,05 horas deste domingo e quedou extinguido ás 1,56 horas tras afectar a 2,5 hectáreas de monte raso.

Para a súa extinción foron mobilizados tres axentes, seis brigadas e catro motobombas, concretou o departamento autonómico de Medio Rural.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta