Detido un home por facer piruetas no centro de Carballo

Os axentes detiverono por conducción temeraria.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2020 | Actualizada ás 11:40

Comparte esta noticia

Axentes da Garda Civil detiveron a un home por condución temeraria despois de ser perseguido por unha patrulla no termo municipal de Carballo (A Coruña).

Segundo informaron a Europa Press fontes próximas á investigación, a detención tivo lugar minutos antes das 10,00 horas deste martes no centro urbano de Carballo.

Axentes do Instituto Armado viron a un vehículo, con dúas persoas dentro, que realizaba "piruetas" polo que, ao fuxir dos gardas, procederon a seguilo ata que o interceptaron no centro urbano de Carballo.

Por iso, os axentes procederon a deter ao condutor por un delito de condución temeraria. Tras ser inspeccionado o turismo, o arrestado foi trasladado a dependencias da Benemérita.

Detido por condución temeraria en Carballo (A Coruña).
Detido por condución temeraria en Carballo (A Coruña). | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta