O Concello da Coruña decidirá se vota sobre o futuro da monarquía en Galicia

A plataforma Galiza pola república vén de enviar unha moción á alcaldesa, Inés Rey, e todos os grupos do pleno.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2020 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

O debate república-monarquía podería chegar ó pleno do Concello da Coruña. Así acontece tralo anuncio da plataforma Galiza pola república de que fixeron chegar aos grupos municipais un texto de moción baixo a premisa de "Non queremos monarquía. Que devolvan o roubado". Ademáis de achegar o documento á rexedora, dende a plataforma anuncian que solicitarán a intervención dun membro no escano cidadán para "reforzar" a súa petición.

Pleno A Coruña
Pleno A Coruña

O pleno en cuestión será celebrado o vindeiro día 10 de setembro, semanas despois da xornada na que estaba previsto realizar unha concentración contra as institucións monárquicas. Con todo, dende a plataforma apuntan que "en ningún caso supón unha cancelación definitiva" e que tomaron a decisión de acordo coas "especiais condicións sanitarias que padece a cidade da Coruña". O pasado xoves a súa área sanitaria superou por primeira vez dende o confinamento os 1.000 contaxios.

UN PASO ADIANTE

Segundo destacan dende Galiza pola república, a iniciativa plenaria coincidirá cunha reunión prevista para a primeira quincena de setembro que terá lugar en Santiago co obxectivo de levar a plataforma ó nivel galego. Representantes da plataforma apuntan a que este salto prodúcese en respecto ás "continuas solicitudes de entidades de diverso tipo espalladas pola xeografía galega que amosan interés en ampliar a cobertura social e que comparten o manifesto fundacional de Galiza pola república".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta