Xa son 11 as persoas que dan positivo por COVID en Vilamarín

Este brote provocou que Sanidade adoptase a medida preventiva de restrinxir totalmente as visitas e as entradas e saídas da Residencia sociosanitaria Santiago Apóstolo de Vilamarín.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 21/08/2020 | Actualizada ás 19:21

Comparte esta noticia

O número de positivos polo brote de Vilamarín subiu a 11 este venres, tras confirmarse catro novos casos este venres, informaron fontes da área sanitaria.

En concreto, deron positivo un home de 52 anos, dúas mulleres de 43 e 40 anos e un neno, explicaron as mesmas fontes, que indicaron que os 11 pacientes están en illamento domiciliario e controlados a través da plataforma Telea. O persoal dos seus centros de saúde está a facer o seguimento do seu estado.

Este brote provocou que Sanidade adoptase a medida preventiva de restrinxir totalmente desde o xoves as visitas e as entradas e saídas da Residencia sociosanitaria Santiago Apóstolo de Vilamarín e, desde este venres, as da Residencia A Saleta de San Cristovo de Cea, co fin de "preservar a saúde e seguridade dos residentes e traballadores".

O brote deuse a coñecer o xoves, tras dar positivo seis persoas da contorna familiar do primeiro caso, o dun home de 45 anos confirmado o mércores. A análise de contactos levou a realizar varias PCR, as primeiras das cales detectaron seis positivos --dous homes de 48 e 36 anos, dúas mulleres de 44 e 31 anos e dous nenos--, aos que este venres se suman outro catro.

Probas PCR- Europa Press
Probas PCR- Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta