Desarticulan unha banda que tiña unha fábrica ilegal de tabaco en Ourense

Pasan a disposición xudicial 25 detidos por organización criminal.

Por Europa Press / Redacción | OURENSE | 22/08/2020 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

Axentes das forzas de seguridade realizaron varios rexistros en naves das provincias de Ourense, Pontevedra e Valladolid e en dúas vivendas en Galicia, nas que detiveron a 25 persoas como presuntos membros dunha organización dedicada ao contrabando de tabaco e incautáronse dunhas 150 toneladas de mercadorías, 250.000 cigarros e outros bens.

A operación, bautizada como 'Straperlo', foi levada a cabo de forma conxunta pola Unidade Operativa de Vixilancia Aduaneira da Axencia Tributaria, a Unidade Orgánica da Policía Xudicial da Comandancia da Garda Civil de Ourense e o GRECO Galicia da Policía Nacional e tanto os rexistros como as detencións producíronse o pasado xoves, 20 de agosto. Acabaron desarticulando eesta organización criminal nunha operación que comezou o pasado mes de maio.

Os detidos son 25 homes de distintas nacionalidades --romaneses, moldavos, ucraínos e portugueses-- aos que se lle imputan os delitos de pertenza a organización criminal e contrabando de tabaco.

Todos foron interceptados nunha nave onde manipulaban o tabaco situada a un seis quilómetros de Ourense capital. Máis de 300 toneladas foron intervidas. A mercadoría traíana a Ourense, onde vivían e traballaban os arrestados.

O 'modus operandi' do esta organización desarticulada consistía en traer picadura de tabaco doutros países, mediante transporte terrestre, e nun laboratorio nunha nave en Ourense elaboraban os cigarros e envasaban en paquetes para a venda no mercado negro. A operación continúa aberta e está decretado o segredo de actuacións.

Tabaco requisado
Tabaco requisado | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta