Luis Zahera, actor homenaxeado no FIC Vía XIV de Verín

O gañador dun Goya como mellor actor de reparto no 2018, pola película El Reino, recolle a testemuña de Mabel Rivera, actriz recoñecida neste Festival Internacional de Curtas o pasado ano.

Por X.M. Fernández | Verín | 25/08/2020 | Actualizada ás 09:20

Comparte esta noticia

No acto de homenaxe, que será o vindeiro 11 de setembro e estará aberto ao público, o propio Zahera departirá cos asistentes sobre a súa traxectoria profesional e ao respecto de como ve o eido cinematográfico no contexto actual, marcado pola pandemia. Paralelamente, o FIC Vía XIV  programará unha selección de curtas e traballos nos que ten participado o actor.

Luis Zahera. Foto cedida pola organización do FIC Vía XIV.
Luis Zahera. Foto cedida pola organización do FIC Vía XIV.

Luis Zahera quixo significar a homenaxe que lle renderá o FIC Vía XIV sinalando que “as mostras de agarimo son moi agradecidas, sobre todo no contexto actual”. Un momento que o actor cualifica como “moi raro para o sector cultural”.

Porén, amosa a súa seguridade de que tanto o entretemento como a cultura teñen un papel fundamental nos tempos de pandemia que atravesamos para facer máis levadeiras situacións como as provocadas polo confinamento. “A cultura é mais necesaria ca nunca”, sentenciou.

Zahera amosouse, ademais, moi “orgulloso de suceder a unha grande do noso cinema como Mabel Rivera” como figura homenaxeada no FIC Vía XIV. “Grazas por este recoñecemento e vémonos en Verín”, indicou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta