Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/08/2020 | Actualizada ás 13:29
Os infectados con coronavirus COVID-19 en residencias de Galicia aumentaron noutro catro casos de traballadores, polo que se sitúa en 44 casos de empregados e 100 de usuarios.
Segundo os datos actualizados este venres polas consellerías de Política Social e Sanidade, o último balance suma un traballador da residencia de maiores Orpea Coruña en Culleredo, dúas da residencia de maiores DomusVi Lugo en Outeiro de Rei e outro da residencia de discapacidade A Braña na Estrada.
Deste xeito, os 99 usuarios con coronavirus corresponden a 87 da Residencia do Incio, 11 na residencia Orpea de Culleredo (A Coruña) e un na Residencia DomusVi Lalín (Pontevedra).
En canto aos traballadores, ademais dos 26 afectados no Incio; hai dous na Residencia DomusVi de Lalín; cinco na Orpea Coruña en Culleredo; dous na DomusVi Lugo en Outeiro de Rei; e un en cada unha das seguintes residencias de maiores DomusVi de Monforte; Paradela; San Bartolomeu de Xove; DomusVi de Barra de Miño, no municipio ourensán de Coles; Volta do Castro en Santiago; Residencia Vos Terzos en Touro e Residencia Nosa Señora do Socorro en Arnoia.
A eles súmase un traballador na Residencia de discapacidades As Flores en Ourense e outro na Residencia de discapacidade A Braña na Estrada.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.