Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/09/2020 | Actualizada ás 20:15
As novas medidas pactadas entre o Goberno central e as comunidades autónomas, que á súa vez levaron á Xunta a actualizar o protocolo de adaptación dos centros á situación sanitaria e a abrir a posibilidade de realizar novas contratacións de profesorado pola ampliación da distancia de seguridade entre alumnos na aula.
Estas novas vacantes produciríanse a partir de desdobres e axustes do cociente en cada centro, no caso de que o espazo físico dispoñible impida cumprir coas condicións e criterios establecidos para o inicio do curso ante a COVID-19.
Os sindicatos ANPE e FeSP-UGT remitiron un escrito á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos para demandar que estes postos se incorporen "coa máxima celeridade" e previa á a adxudicación definitiva do CADP, a resolución de destinos provisionais.
O departamento dependente da Consellería de Educación confirmou non só que todas as prazas que xurdan a partir da aplicación das medidas sanitarias ofertaranse na adxudicación definitiva de destinos provisionais, prevista para o 10 de setembro, senón que "se fose necesario" esta demoraríase un ou dous días para garantir que se doten todas as vacantes.
Estas novas prazas, ademais terían a duración do curso académico na súa totalidade, e non estarían vinculadas especificamente ao contexto de alerta sanitaria debido á incidencia da COVID-19.
De momento non transcenderon os efectivos en concreto que se sumarán a maiores dos previstos, aínda que os sindicatos valoraron a aclaración trasladada polo departamento dirixido por José Manuel Pinal.
FeSP-UGT instou que esta dotación se aclare tanto no ámbito organizativo como de recursos humanos, no marco dunha mesa sectorial para abordar especificamente estas cuestións.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.