Activo un incendio iniciado de noite que afecta a 20 hectáreas en Riós

Segundo Medio Rural a superficie queimada é provisional.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/09/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

Un incendio que comezou ás 23,05 horas do xoves no concello ourensán de Riós permanece activo e queimou xa unhas 20 hectáreas, de acordo coa información da Consellería do Medio Rural.

En concreto, o lume afecta á parroquia de Castrelo de Abaixo. Medio Rural lembra que a estimación da superficie queimada é provisional, ata que se parametrice a área.

Para os labores de extinción mobilizáronse ata o momento tres axentes, oito brigadas e sete motobombas, indicaron as mesmas fontes.

Incendio en Riós
Incendio en Riós | Fonte: Brigada Vilamaior.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta