Soben a 253 os casos en residencias de maiores tras dispararse os contaxios na de Outeiro de Rei

Hai 139 contaxiados en DomusVi en Outeiro de Rei, 81 no Incio, 29 en Orpea en Culleredo e catro en DomusVi en Lalín.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/09/2020 | Actualizada ás 14:05

Comparte esta noticia

Os casos activos de covid-19 en residencias de maiores de Galicia subiron ata os 253, tras dispararse gromo detectado na de Outeiro de Rei, que a Xunta non descarta intervir, segundo informan a Europa Press fontes da Consellería de Política Social.

O último parte cos datos actualizados da consellería incorpora ao cómputo 94 usuarios e cinco traballadores que deron positivo na residencia DomusVi de Outeiro de Rei, así como dous usuarios de Orpea en Culleredo (A Coruña) e un traballador da de Campolongo (Pontevedra). Ademais, informa doutro tres positivos entre usuarios da residencia de atención á discapacidade Ricardo Baro de Aspronaga, en Oleiros (A Coruña).

Política Social retira do cómputo, por curación, a dous usuarios de Orpea en Culleredo, a outro de Laraxe en Cabanas e a un cuarto da DomusVi de Ferrol. Así as cousas, con datos da última hora da noite do luns, os maiores contaxiados son 253, deles 139 en DomusVi en Outeiro de Rei, 81 no Incio, 29 en Orpea en Culleredo e catro en DomusVi en Lalín.

Tamén son casos positivos de coronavirus en residencias de maiores un total de 74 traballadores, 33 no Incio, 14 en Outeiro de Rei, cinco en Orpea, catro en Lalín, dous en Doralresidencias de Mos e un tanto na residencia de Oleiros como na de DomusVi Coruña (tamén en Oleiros). Tamén hai un profesional infectado en Volta do Castro (Santiago), Vitoria (Teo), Os Terzos (Touro), DomusVi Monforte, San Bartolomeu (Xove), Nosa Señora do Socorro (Arnoia), A Saleta (Cea), DomusVi Barra de Miño (Coles), Santiago Apóstolo (Vilamarín), Fogar Residencial Vilar de Barrio, Campolongo, Saraiva Sénior (Pontevedra), CRAPD Vigo II e Residencia Xeriátrica Albi-Beade.

DISCAPACIDADE

En canto aos centros para a atención da discapacidade, hai cinco usuarios contaxiados, todos na Residencia Ricardo Baro de Aspronaga en Oleiros. Así mesmo, son tres os traballadores destes centros que constan como casos activos en covid-19: un da residencia de Aspace na Coruña, outro de Ricardo Baro de Aspronaga e un terceiro da Braña na Estrada.

Tres mulleres na porta da residencia de anciáns do Incio, en Lugo
Tres mulleres na porta da residencia de anciáns do Incio, en Lugo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta