Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 02/04/2013 | Actualizada ás 15:38
Un dos argumentos que esgrimiu Alberto Núñez Feijóo para xustificar a súa relación con Marcial Dorado foi que descoñecía as actividades delitivas do narcotraficante cando en 1995 foi fotografado con este nun iate. Feijóo asume que pecou de "inxenuo" e que debeu informarse mellor sobre quen era Dorado. Argumento que, cando menos, sorprende, xa que por entón era vox populi en Galicia que Dorado era un dos líderes das redes de contrabando no país.
Feijóo recoñeceu que cometeu "a torpeza de non investigar" polos seus propios medios as implicacións de Dorado coas redes de contrabando. "En canto souben que tiña unha casua pendente coa Xustiza, cortei a relación”, asegurou na comparecencia deste luns. Segundo o presidente da Xunta, "cando o coñecín non sabía nada sobre o seu pasado ou sobre a súa actividade".
Porén, as actividades delitivas de Dorado non só eran coñecidas en Arousa, tamén transcenderon durante anos a través de medios galegos e estatais durante as décadas dos anos oitenta e noventa, cando mesmo foi implicado na célebre Operación Nécora. Por iso non deixa de sorprender que o actual presidente da Xunta non tivese coñecemento das actividades de Dorado e os seus vínculos co contrabando cando foi fotografado no iate do narcotraficante. Pecou entón Feijóo de inxenuo? É críbel que un home da súa condición, e vinculado á cargos públicos dende o ano 1991, se mantivese desinformado sobre as redes de contrabando durante os anos de esplendor do narcotráfico en Galicia?
Contrabando de tabaco
A hemeroteca deixaría en evidencia o descoñecemento ao que apela Feijóo para xustificar a súa relación con Marcial Dorado. O narco xa era a mediados dos anos oitenta e noventa coñecido e protagonista de informacións publicadas en diversos medios de comunicación polos seus vínculos co contrabando de tabaco e o narcotráfico.
A finais de 1984, Marcial Dorado fora detido e prestara declaración na Audiencia Nacional perante o maxistrado Alfonso Barcala. Dorado, que por entón tiña 34 anos e estaba considerado xa xefe do contrabando de tabaco en Arousa, estaba fuxido en Portugal e acordara cos seus avogados entregarse para tentar evitar calquera vínculo co tráfico de drogas. Dorado fora inicialmente procesado polo xuíz de Cambados José Vicente Zabala Ruiz, quen decretara a súa prisión incondicional cunha fianza civil de 15 millóns de pesetas para cubrir os danos ocasionados á Administración.
Daquela transcendeu que Marcial Dorado, fuxido, mantivera o 6 de xuño de 1984 unha entrevista "casual e breve", segundo a versión oficial, co por entón presidenta da Xunta, Xerardo Fernández Albor. Aquela reunión produciuse no pazo A Boega, preto de Vilanova da Cerveira, en Portugal. El País informaba daquela que nesa reunión participaran tamén José Luis Paz, Benigno Suárez e José Barreiro coa intención de que Albor intercedera ante a xustiza a prol do clan de contrabandistas fuxidos a Portugal.
No ano 1988, o fiscal da Audiencia Nacional, Manuel Villanueva, solicitaba penas de 16 anos de prisión para doce presuntos dirixentes da mafia do contrabando de tabaco en Galicia, entre eles, Dorado, quen lideraba un dos grupos principais de Arousa e descrito así por El País:
"El grupo Marcial, el más importante, estaba dirigido por Marcial Dorado Baulde, e integrado por Manuel Suárez Nieto, Juan Manuel Lorenzo Lorenzo, Manuel Ángel Abalo, Manuel Prado López, José Luis Hermida Paz y Manuel Durán Somoza. Operaban desde un piso de Villagarcía de Arosa (Pontevedra) e introdujeron en España unas 3.400.000 cajas de tabaco rubio al precio de 30.000 pesetas cada una, con un importe aproximado de 102.000 millones. Asimismo, de forma clandestina, colocaron 25.000 cajas de cintas de vídeo, a un precio de 36.000 pesetas por caja, de las que obtuvieron un beneficio de 250 millones de pesetas".
Narcotráfico e branqueo de diñeiro
Xa en maio de 1990, Dorado volvía ser protagonista doutra información relevante relacionada co narcotráfico en Galicia. O contrabandista fora detido xunto con outras quince persoas nunha operación do Servizo Central de Estupefacientes e dirixida polo xuíz Baltasar Garzón. Dorado formaba parte do triunvirato que dirixía a considerada como "terminal española do cartel de Medellín", xunto con Laureano Oubiña e Manuel Charlín. Os detidos naquela operación eran: Marcial Dorado Baúnde, Ramiro Sánchez Casas, José Paz Carballo, Ramón Longa Vidal, José Longa Vidal, Albino Paz Vid, Laureano,Oubiña Piñeiro, Miguel Rivero González, José Manuel Padín Gestoso, Delmiro Paz Castro, Narciso Fernández Hermida, Ramón Javier Lorenzo Viñas, Álvaro Rodríguez Franco, Daniel Carballo Conde, Manuel Charlín Pomares, John lan Azopardi, Carlos Goyanes e Celso Barreiros Rodríguez.
Cabe salientar que só para deter a Marcial Dorado se mobilizaron a 50 axentes que acudiron a súa casa, o que dá unha boa idea do perfil que manexaba a xustiza sobre este narco galego. Dorado estaba acusado de introducir 14 toneladas de hachís e fora sinalado polo arrepentido Ricardo Portabales Rodríguez.
O 13 de xuño de 1990, El País publicaba tamén outra información titulada "El cartel de Galicia" no que abordaba o que foi daquela considerado "o maior golpe contra o narcotráfico". O texto vinculaba aos capos de Arousa con determinados ciudadáns e empresas de Amberes (Bélxica), Basilea (Suíza), O Pireo (Grecia), Panamá e Xibraltar; un entramado ao que se sumaban os vínculos coas redes do tráfico de cocaína colombianas, o salto natural dos contrabandistas de tabaco. Nesta información salientábase: "Todos los grandes capos de la ría de Arosa son bien conocidos en esos sitios".
El País adicaba un capítulo especial a "Marcial Dorado, el sobrio". O diario debullaba así as actividades do narco galego:
"Marcial Dorado Baúnde, Marcial de la Isla, se suministra de buques que, como el Flora, el Rina o el Alzira, pertenecen a la organización del griego Takis Venizelos y es cliente habitual del suizo Michael Haengi. Precisamente, esta relación con Marcial puso a Haengi en apuros, ya en julio de 1989, cuando un fiscal de Basilea descubrió que el de la Isla estaba enviando unos dos millones semanales a su corresponsal suizo y sospechó que aquel dinero era demasiado para provenir del simple contrabando de tabaco. Otro fiscal basilense archivó el pasado mes de septiembre, sin cargos para Haengi, aquella investigación, conocida como peseta connection.
Marcial dispone de dos lanzaderas y al menos seis planeadoras. Aún siendo poco ostentoso, se le conoce un importante chalé en la isla de Arosa y varias fincas en la zona.
El tándem Haengi-Venizelos constituye también la principal conexión de otro grupo isleño, encabezado por Juan Manuel Lorenzo Lorenzo y su socio Manuel Suárez Nieto —anteriormente socio de Marcial—, conocidos como Los Ferrazo. Este grupo ha sido el único importante del contrabando que no aparece en la investigación actual sobre narcotráfico".
O diario tamén publicou unha breve reseña dos cinco principais capos de Arousa, entre os que se atopaba Marcial Dorado Baunde xunto con Laureano Oubiña, José Ramón Prado Bugallo (alias Sito Miñanco), Vicente Otero Pérez (Terito) e José Manuel Padín Gestoso (Manolo el Catalán). Sobre Dorado, El País informaba:
"Presunto jefe del contrabando en la isla de Arosa, con importantes conexiones en Suiza. Hace poco más de una década estaba aún casi en la miseria y ahora se le considera el número uno del contrabando de tabaco y también forma parte, presuntamente, del tráfico de droga. Sólo hace una semana, Manuel Dorado se acercó a una mesa instalada en la isla de Arosa para recoger firmas contra la droga: estampó la suya y entregó 20.000 pesetas a los integrantes de la mesa".
ABC tamén se facía eco das relacións de Marcial Dorado coa mafia da droga. Nun artigo titulado "El circuito de la coca", o diario madrileño facía un perfil dos principais encausados e describía así a Dorado:
"Está procesado en el más importante sumario por contrabando que se ha incoado en Galicia, que data de 1984. Se le considera como el dirigente de una de las tres principales organizaciones de contrabandistas, y jueces franceses y suizos le relacionan con una operación internacional de blanqueo de dinero procedente del contrabando y denominada peseta connection".
Un mes despois da súa detención, Marcial Dorado quedaba en liberdade provisional baixo fianza de catro millóns de pesetas xa que as probas contra este eran "relativamente febles". Ao respecto, El País informaba:
"Portabales ha acusado asimismo a Marcial Dorado Baúnde de ser el destinatario de una partida de 14.000 kilos de hachís que se importó en dos viajes, pero se ha mostrado incapaz de precisar esta imputación. En un momento declara que cree que la droga llegó en un barco que se llamaba Marcial Dorado o sólo Dorado y en otro posterior afirma que le parece que oyó que la droga era para Dorado. Esta es, presumibiemente, la razón por la que Marcial, notorio contrabandista de tabaco, incurso en el sumario 11/84 por contrabando, seguirá pendiente de diligencias .sólo por los importantes envíos de dinero a Suiza que las autoridades helvéticas detectaron en junio de 1989. Aquella investigación, bautizada como Peseta Connection, implicaba también al comerciante suizo de tabacos Michel Haengi y fue archivada en Basilea hace ahora un año. Las autoridades judiciales españolas pretenden continuarla aquí, pero al margen del sumario 13/90. Las declaraciones de Portabales no parecen haber aportado ninguna información significativa".
Máis detencións
En 1992, o nome de Marcial Dorado volvía aos titulares da prensa. Considerado xa daquela un "xefe histórico" do contrabando en Galicia, volvía ser detido e reclamado polo xulgado de instrución número 4 de Barakaldo (Viscaia) por un alixo de cinco millóns de paquetes de cigarros incautado o 8 de outubro daquel ano no barco alemán Eugen Rothoenhoeper e valorado en 1.166 millóns de pesetas. El País volvía a salientar o seu perfil destacado nas redes de contrabando en Galicia:
"Marcial Dorado ha sido considerado por la policía en los últimos 10 años como el jefe de una de las principales organizaciones de contrabandistas de tabaco que operan en la ría de Arosa, pero nunca se ha demostrado su vinculación al tráfico de drogas. En junio de 1990 fue detenido dentro de la llamada Operación Nécora contra el narcotráfico gallego, aunque días después de su encarcelamiento fue puesto en libertad sin cargos".
Dorado foi absolto en 1999 xunto con outros nove imputados por un fallo no rexistro do buque. O xuíz considerou nula a proba fundamental xa que "o único que fixo posíbel o descubrimento do cargamento de tabaco foi o rexistro do buque" que os funcionarios do Servizo de Vixilancia Aduaneira realizaron "sen autorización xudicial", vulnerando deste xeito "o dereito fundamental á inviolavilidade do domicilio" do capitán e a tripulación do barco", informaba o diario El País.
Así foi como Dorado foi esquivando á Xustiza até que no ano 2003 Aduanas relacionouno cun alixo de seis toneladas de cocaína e foi condenado a 17 anos de cárcere que o Supremo rebaixou a 14.
Con todo, Alberto Núñez Feijóo mantivo vínculos entre 1994 e 1998 con Marcial Dorado e deixouse fotografar canda este cando o actual presidente da Xunta xa era número dous da Consellería de Sanidade e Dorado un afamado líder das redes de contrabando en Galicia, pero do que semella que só Feijóo descoñecía as súas actividades.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.