Multiplícanse as peticións á CRTVG para crear unha canle infantil e "adaptar o Xabarín ó 2020"

Máis de 6.500 persoas apoian xa unha iniciativa impulsada pola Mesa, tras o nacemento dunha plataforma nas redes que pide máis atencion nos contidos para os menores na canle pública.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/09/2020 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

"Queremos un Xabarín Club adaptado ó 2020". "Precisamos un Xabarín moderno". "Queremos que a TVG faga unha canle 24 horas con programas do Xabarín". Cada vez son máis as peticións á CRTV para que recupere o seu programa estrela para a infancia e a mocidade nun formato renovado e adaptado ás circunstancias do momento.

Xabarín club
Xabarín club | Fonte: CRTVG

A publicación por parte de GC do nacemento dunha plataforma para esixir á TVG máis atención nos contidos infantoxuvenís vén de desatar unha mobilización en redes que abrangue tanto a particulares como institucións. Entre estas últimas destaca a Mesa pola Normalización Lingüística, que acolle unha recollida de sinaturas para a conformación dunha terceira canle pública dedicada exlusivamente ós máis pequenos. A petición recolle xa máis 6.500 mostras de apoio.

De xeito paralelo, as demandas dos usuarios oriéntanse a renovar os contidos do programa para adaptalos ó contexto actual e poder competir co resto de canles do estado.

A creación da terceira cadea sería, a par, unha "oportunidade" para os autores de banda deseñada de Galicia, segundo destacan outros tuiteiros.

O impacto das mobilizacións a prol do Xabarín chegaron a colocar ó programa da CRTVG como trending topic a nivel galego.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Sofía

Xabarín club xa!!! Foi uns dos momentos mais bonitos da miña infacia e gustariame enseñarllo o meu fixo de 5 anos. Que volva "Gatocan "Detective Conan" "Os picapedras" "Shin Chan"....

1 Sentidiño

Case que sete mil sinaturas en tres días, hai que continuar así! https://www.amesa.gal/noticias/noti...