Por Galicia Confidencial | Santiago | 03/04/2013 | Actualizada ás 10:58
Unha das empresas de organización de eventos máis importantes do país, a compostelá Atlántico Congresos entrou en situación concursal. Así o denuncia o sindicato UXT a través da Secretaría de Seguridade Privada.
UXT alerta ademais que o Palacio de Congresos quedou sen vixilantes as 24 horas incumprindo o contrato co Consorcio de Santiago.
Segundo a central, a empresa Security World S. A. acaba de botar aos catro vixilantes ante o impago de facturas por parte de Atlántico Congresos. Os atrasos son de "varias mensualidades".
O Palacio de Congresos trátase do recinto público máis popular a hora de organizar grandes eventos na capital. Acolleu, por exemplo, os últimos congresos de BNG e PPdeG en Compostela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.