Temas: CIG TELETRABALLO

A CIG non asinará o acordo sobre teletraballo na Administración

Por E.P. | Santiago de Compostela | 15/09/2020 | Actualizada ás 20:03

Comparte esta noticia

A área pública da CIG non asinará o acordo co Ministerio de Administracións Públicas sobre traballo a distancia "tras fracasar as negociacións na mesa xeral". O portavoz da central nacionalista neste asunto, Xabier Picón, explica que o Ministerio presentou unha proposta inicial "bastante escasa" á que a súa organización fixo alegacións.

Teletraballo
Teletraballo | Fonte: remitida

Pero estas, critica, foron asumidas "só para a súa inclusión na exposición de motivos, sen carácter vinculante para as distintas administracións públicas".

Fronte a isto, a CIG demanda "que se teñan en conta para a súa inclusión no articulado e que obriguen ás administracións ao seu cumprimento".

Entre outras cuestións, defende que a regulamentación do teletraballo "non pode significar unha redución de dereitos das persoas administradas, nin dos empregados públicos".

Temas: CIG TELETRABALLO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta