Os institutos galegos explotan contra a Consellería: "se non nos dan profesores non comezaremos"

Centros das catro provincias alertan da falta de persoal para cumprir o protocolo e cargan contra o "abandono total" da Xunta.

Por Iago Codesido | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 21:35

Comparte esta noticia

Multiplícanse as mostras de rexeitamento contra a actuación da Consellería de Educación por parte dos institutos galegos. Cada vez son máis os centros de educacións ecundaria que, á imaxe do IES de Brión, veñen de aproveitar a carta aberta rutinaria ós pais e nais do alumnado para cargar contra a actitude da Xunta e pedir disculpas de cara á "incerteza" vivida nos fogares.

A CIG recrea unha aula de 20 alumnos ante a Consellería de Educación en Santiago. CIG
A CIG recrea unha aula de 20 alumnos ante a Consellería de Educación en Santiago. CIG

"Estimadas familias: lamentamos non poder ofrecer a día de hoxe información sobre o inicio e desenvolvemento deste curso". A apertura da misiva do IES de Milladoiro resume con claridade a desorientación dos institutos ante o "abandono" da Consellería, tal e como denuncian dende o IES Laxeiro de Lalín.

A ausencia dunha preparación adecuada para o curso a covid a apenas uns días do seu comezo viría dada -segundo os institutos- polos múltiples cambios de plan da Xunta. Unha maioría dos centros consultados por Galicia Confidencial fan fincapé nas súas cartas abertas na sucesión de distintas etapas ao longo do verán que remataban incluíndo orientacións contraditorias. Neste aspecto, o repaso dos centros oriéntanse, fundamentalmente, á evolución na distancia das aulas logo de semanas de mobilizacións e protestas, como dá proba o escrito do IES do Castro

AUSENCIA DE RECURSOS

O principal problema do novo protocolo, e tal e como publicou Galicia Confidencial, é que a maior parte dos centros galegos non dispoñen de recursos humanos para garantir as distancias. Este problema, que se une en moitos casos á ausencia de espazos suficientes, levou a moitos dos institutos galegos consultados a aproveitar as cartas abertas para esixir á Xunta unha maior dotación de profesorado, que en algúns casos xa se está a desenvolver; se ben de xeito parcial. Na xornada deste mércores a Xunta anunciou a contratación de case 900 novos docentes para facilitar o cumprimento do protocolo, se ben está por ver se esta ampliación resulta suficiente para manter as medidas de seguridade.

"Necesitamos profesorado para que as mínimas condicións de distancia se cumpran, e se non se nos concede negámonos a comezar o curso", sinala taxantemente a dirección do IES Laxeiro. Dende o centro lalinense vencellan directamente o adiamento das clases -ó que a Consellería accedeu logo da presión de multitude de centros- ó "abandono total" da propia rama da Xunta comandada de novo por Román Rodríguez.

O apuntamento do Laxeiro resulta representativo dunha denuncia que os centros galegos tamén veñen destacando nos últimos días. O IES de Brión xa criticara uns días atrás a información publicada en La Voz de Galicia sinalando que Educación daba "liberdade" ós centros para escoller con que recursos loitar contra a covid. Porén, e sempre segundo a versión do centro, a realidade sería ben distinta, ordenando a Consellería a través de Inspeccións que ferramentas primar, comezando polas mamparas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 Gz_en_Md

Acougade tod@s que "O gran xestor" vaino arreglar todo!!! O home que quería renunciar as súas competencias para que lle dixeran o que tiña que facer dende Madrid, porque a realidade é que o Goberno da Xunta non é tal e está composto por un fato de inutis empezando polo Sr Feijoó

2 Ruio

Se sabe si los liberados sindicales do Ensino se van a poner a trabajar?

1 Ponteareas

Se a Consellaría quixera facelo peor, no sería posible. A banda e imcompetentes á orde de Feixóo é patética.......Deus nos pille confesados.