Desconvocadas as protestas que o Sindicato de Estudantes anunciara para este xoves

"Somos moi conscientes das enormes dificultades que pesan sobre os estudantes para moverse e participar nas concentracións ante o medo comprensible ao contaxio" di a organización nun comunicado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/09/2020 | Actualizada ás 18:58

Comparte esta noticia

O Sindicato de Estudantes decidiu suspender as protestas que tiña planeadas para este xoves como parate da convocatoria de folga estatal no sistema educativo. En Galicia, estaban previstas mobilizacións en Vigo, Ferrol e Ourense, que finalemente non levarán a cabo.

A organización apelou aos casos que están a xurdir nos centros e os repuntes en determinados municipios. "Somos moi conscientes das enormes dificultades que pesan sobre os estudantes para moverse e participar nas concentracións ante o medo comprensible ao contaxio, cando os rebrotes se descontrolan, e sucédense as noticias de confinamentos por zonas e barrios".

Por este motivo, suspenderon as concentracións que tiñan convocadas para este xoves en todo o Estado, aínda que si se manteñen outras iniciativas en centros de estudo como caceroladas ou plantes nos patios que se poidan organizar en condicións de seguridade e distancia.

"A loita acaba de iniciarse, será longa e dura. Pero non imos desistir. Sabemos que os dereitos se conquistan coa mobilización masiva, con determinación e valentía. E os feitos están a darnos a razón", engaden.

Estudantes universitarios - Arquivo
Estudantes universitarios - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta