Temas: BNG

O Consello do BNG aprazará a asemblea nacional prevista para 2020 pola pandemia

O Consello Nacional reunirase este sábado tras o inicio do novo curso político e o arranque do XI Lexislatura para analizar as súas "prioridades".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/09/2020 | Actualizada ás 19:42

Comparte esta noticia

O Consello Nacional do BNG reunirase este sábado tras o inicio do novo curso político e o arranque do XI Lexislatura para analizar as súas "prioridades" no contexto de crise económica e social derivadas da covid-19. Pero ademais, a formación que lidera Ana Pontón desde 2016 tamén adoptará unha decisión de orde política interna, xa que aprazará a asemblea nacional que, estatutariamente, tiña que celebrarse este 2020.

Ana Pontón xunto aos membros do Consello Nacional
Ana Pontón xunto aos membros do Consello Nacional | Fonte: BNG.

Fontes nacionalistas confirmaron que a proposta de suspender a asemblea nacional, a que constituirá a número XVII, será sometida este sábado ao máximo órgano de decisión entre plenarios, unha decisión que vén motivada pola crise sanitaria.

O BNG vén de situarse como segunda forza política nas eleccións autonómicas do pasado mes de xullo, na que conseguiu ademais a súa maior representación no Parlamento galego, con 19 deputados. Desta forma, era previsible que o plenario da asemblea reunise a varios centos de militantes, bastante por enriba mesmo dos mil, xa que a formación nacionalista non emprega a fórmula de delegados --só ensaiouna nunha ocasión e foi revogada--.

Non en balde, na asemblea de 2016 na que Ana Pontón saíu elixida como portavoz nacional co 85 por cento de apoios, segundo a organización chegaron a pasar máis de 3.000 persoas polo plenario e, de feito, houbo 1.386 votos emitidos --de forma presencial--. O liderado de Pontón foi referendado na XVI asemblea, en marzo de 2017, co 98,2% de apoios (e máis de 1.100 votos para ela).

Os estatutos do BNG marcan que as asembleas deben celebrarse como máximo cada tres anos, polo que inicialmente pensouse convocala para comezos deste 2020, pero os rumores do adianto electoral, que se confirmaron a principios de febreiro, e a situación da pandemia levaron á formación nacionalista a aprazar este proceso para despois do verán.

Con todo, a situación epidemiolóxica, e tendo en conta que a formación conta cunhas bases moi mobilizadas, sobre todo, tras o recente resultado electoral --o que facía previsible unha asemblea moi concorrida--, derivou na decisión que este sábado será referendada polo máximo órgano de decisión entre asembleas.

PRIORIDADES PARA O CURSO POLÍTICO

Á marxe da cuestión interna, o Consello Nacional do BNG abordará as prioridades da formación ante o contexto de pandemia e a crise económica e social derivadas, á vez que dará conta das actuacións que iniciaron nas distintas cámaras onde ten representación.

Neste sentido, o Bloque reivindica o "impulso" dado para que se constituíse unha comisión para a reactivación económica na sede do Parlamento autonómico. Ademais, os nacionalistas volveranse presentar como defensores dos intereses de Galicia "fronte a un Feijóo que tira balóns fóra".

Outra das cuestións de actualidade na orde do día é a negociación dos orzamentos xerais do Estado, despois de que o deputado no Congreso, Néstor Rego, reuniuse en días pasados coa vicepresidenta Carmen Calvo.

Tamén abordará o BNG as "incidencias" do inicio do curso escolar e a decisión de "atrasar" unha semana en Secundaria, xunto coa teledocencia para as universidades.

Temas: BNG
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 6 comentarios

2 Gamela

Volvemos ao Polit Buró da UPG ! Existen fórmulas de teletraballo e de foros virtuais que permitirían a presentación de mocións (pero tampouco) ! Nós temos un tuit para Feijoo que quixeramos presentar con urxencia... https://twitter.com/00Gamela/status... En fin agardaremos a que pase a pandemia e todo seguirá igual ca sempre na sempiterna OPOSICIÓN e falando de Repúblicas Baratarias que na vida serán realidade en Galicia !

1 nostrus

El bloque solo actúa en Galicia, sus damnificados solo podemos ser los gallegos, por lo tanto no entiendo porque su aquelarre regional lo llaman asamblea "nacional". A lo mejor es que es la asamblea para toda España aunque en el resto de la nación no tenga nungún perjudicado. Huid del timo nacionalista y no sucumbais ante sus hechizos, buscad partidos que apuesten por la concordia, la libertad, la identidad de verdad, el bilingüismo y que no desprecie a nadie. Por mucho que la mona se vista de seda, mona se queda. Lo mejor que el bloque puede hacer por Galicia es un harakiri politico.

1 Sentidiño

Si, ovellas descarriadas e parvas, apostade pola xente tolerante e sensata: Albert Rivera, Toni Cantó, Marcos de Quinto, Juan Carlos Girauta, Inés Arrimadas, Javier Nart,... A lista de cráneos privilexiados é interminable.

2 nostrus

Pues yo creo que es mejor el mensaje de Inés Arrimadas que el de Ana Pontón. Inés considera la galleguidad a todo lo que es gallego sin renegar de ninguno de sus elementos y Pontón la galleguidad la restringe a aquellos elementos que no contradicen el catecismo nacionalista ¿quien es mas tolerante?. Al bloque solo le importa la estética, muy por encima de la realidad, la economía y la ética. Yo creo que a un partido le deben preocupar principalmente las personas, sus derechos y sus sentimientos y preocuparse para que nadie se sienta despreciado. Al bloque le preocupa una lengua, la que él eligió para obsesionarse e intentar uniformizar con ella a la poblacion, sin preocuparse si esa obsesion favorece a las personas o solo es una ilusion infantil, imposible de llevar a cavo y que no beneficia a nadie.

3 Sentidiño

Pues yo creo que es mejor el mensaje de Santiago Abascal que el de Ana Pontón. Santi considera la galleguidad a todo lo que es gallego sin renegar de ninguno de sus elementos y Pontón la galleguidad la restringe a aquellos elementos que no contradicen el catecismo nacionalista ¿quien es MAS (sic) tolerante?. Al bloque solo le importa la estética, muy por encima de la realidad, la economía y la ética. Yo creo que a un partido le deben preocupar principalmente las personas, sus derechos y sus sentimientos y preocuparse para que nadie se sienta despreciado. Al bloque le preocupa una lengua, la que él eligió para obsesionarse e intentar uniformizar con ella a la poblacion, sin preocuparse si esa obsesion favorece a las personas o solo es una ilusion infantil, imposible de llevar a CAVO (!) y que no beneficia a nadie.

4 nostrus

Sentidiño, pois tes razón, incluso o bloque é peor ca Vox, alomenos dicen que respetan a Constitucion e desde o constitucionalismo é imposible ser feixista, porque representa a lealdade a votade do pobo e o respeto aos direitos humanos, cousa necesaria para ser constitucionalista. Si non eres constitucionalista, podes respetar os direitos humanos ou non, pero si o eres ( e non mintes) leva consigo respetalos, non hai outra. Vox estará tocado da ala e iráselle a pinza, pero eles dicen que respetan a Constitución. Por certo, si foses unha persona educada non irias correxindo erros ortográficos que a todos se nos escapan si escribimos rápido, incluso a ti.