A Xunta propón a renovación do plan de transporte metropolitano de Santiago investindo 2 millóns por ano

Trátase dunha acción contemplada na transformación do mapa de transportes que a Xunta prevé terminar a finais de ano.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/09/2020 | Actualizada ás 18:55

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia puxo sobre a mesa un convenio para a renovación por catro anos do plan de transporte metropolitano na cidade de Santiago, que cumprirá unha década en funcionamento o próximo mes de decembro.

Segundo trasladou a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, tras a reunión de seguimento dun plan que incumbe a 18 concellos, a proposta da Administración galega para a renovación do plan consta dun investimento anual de 2 millóns de euros, dos cales 1,7 millóns procederían das arcas autonómicas.

Trátase dunha acción contemplada na transformación do mapa de transportes que a Xunta prevé terminar a finais de ano. No caso da área de Compostela, prevense "optimizacións" nas conexións con Bertamiráns e O Milladoiro, ademais da posta en marcha de melloras nos traxectos desde o centro de Santiago ás parroquias de Teo e Ames a través dunha liña circular.

Nos últimos anos, o volume de viaxeiros do transporte metropilotano na capital galega incrementouse máis dun 62 por cento. Segundo a Xunta, as viaxes bonificadas aumentaron un 4,8% respecto de 2018 e desde a súa posta en marcha en 2011, realizáronse máis de 24 millóns de viaxes bonificadas.

Ademais, case 74.000 veciños de Santiago e arredores usan a Tarxeta de Transporte Metropolitano, coa que conseguen aforros "que poden superar os 1.000 euros ao ano".

Como exemplo, un viajeron que realice habitualmente o traxecto entre O Milladoiro e Santiago debe abonar 1,55 euros no bus interurbano e outro euro en concepto do urbano. O mesmo viaxe co cartón de Transporte Metropolitano, sae por 0,88 euros, xa que o interurbano está rebaixado e o urbano sae gratis.

Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Arquivo
Autobús urbano Santiago de Compostela Galicia viaxeiros autobús urbano. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta