A Coruña acollerá a Semana da Arquitectura, con rutas pola obra de Andrés Fernández-Albalat

Por E.P. | A CORUÑA | 29/09/2020 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presentou, no Consistorio, a Semana da Arquitectura 2020, en que se realizarán charlas, visitas guiadas e rutas pola obra de Andrés Fernández-Albalat, recentemente falecido e "o gran construtor da imaxe urbana da Coruña", segundo definiuno a rexedora.

Rei sinalou que con esta actividade o concello "salda unha débeda con este referente que soñou unha imaxe urbana da Coruña". "Esta semana da Arquitectura 2020 só pode ser o primeiro paso dunha intensa colaboración entre o concello e a escola", expuxo sobre a de Arquitectura.

Precisamente, esta será unha das sedes en que se desenvolverá elprograma, xunto á Fundación Luís Seoane e o Colexio de Arquitectos de Galicia, "institucións que estiveron vinculadas a Albalat", lembrou.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a Semana da Arquitectura. ANDY PEREZ
A alcaldesa da Coruña, Inés Rei, presenta a Semana da Arquitectura. ANDY PEREZ | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta