"Saímos a mariscar sen saber se hai toxinas porque o instituto da Xunta non traballa en domingo"

Mariscadores de Muros-Noia cargan contra o Intecmar por non detectar as toxinas que obrigaron a pechar cautelarmente a ría o pasado venres. "Tivemos que pagar nós o laboratorio", destacan.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/09/2020 | Actualizada ás 13:45

Comparte esta noticia

Preto de cumprise unha semana do peche cautelar da Ría de Muros-Noia, comezan a xurdir as primeiras reaccións negativas contra a Xunta de Galicia. A plataforma de mariscadores Plademar vén de apunta que levará ó Valedor do Pobo as "deficiencias" no servizo ofrecido polo Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), dependente da Consellería do Mar. Precisamente, este organismo anunciaba que nas últimas analíticas realizadas, os niveis estaban por debaixo dos límites permitidos.

Mariscadoras anciñando a area | Moaña Cedida polo Museo do Mar de Galicia e e Asociación de Mariscadoras de Moaña
Mariscadoras anciñando a area | Moaña Cedida polo Museo do Mar de Galicia e e Asociación de Mariscadoras de Moaña

O anuncio da plataforma chega días despois de que a cofradía de mariscadores decidira non saír ó mar logo de detectar un nivel excesivo de toxinas nas augas na Ría. A denuncia chega porque tales toxinas foron detectadas grazas ao estudo dun laboratorio privado que tivo que ser pagado directamente pola Confradía. "O servizo de laboratorio ímolo ter que pagar dúas veces, unha con diñeiro público e outra con diñeiro dos mariscadores", destacan a respecto dun problema que atribúen á "deficiente xestión do Intecmar".

Por riba, e sempre segundo a versión da plataforma, a cofradía vese empurrada ós estudos privados porque o Intecmar "segue sen traballar o domingo", mentres que os mariscadores teñen que saír ó mar o luns "sen saber oficialmente se hai toxina ou non". Ante estas circunstancias, as demandas da plataforma céntranse en "investir máis na prevención e na investigación" xa que a "eficiencia do Intecmar ten que mellorar moito".

MAREA VERMELLA DE 2013

Neste aspecto, dende a plataforma lembrar casos pasados onde o Insituto tamén "chegou tarde" á presenza de toxinas na ría ao "non actuar coa dilixencia debida". Lembran como en 2013 se produciu unha marea vermella pero a Xunta non pechou a ría, de xeito que os mariscadores saíron ó mar e venderon o produto, que tivo que ser "devolto ou destruído" polas conserveiras. "Todo isto pola ineficiente xestión do Intecmar".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta