Sanidade obrigará a alumnos e profesores a ir a unha 'Covid-auto escola' nos hospitais e non nos centros de saúde locais

En lugar de recorrer á atención primaria e pediatría, os pais deberán levar aos pequenos ao 'covid-auto' do hospital de referencia. Di que é para non "saturar" estes servizos. É dicir, se hai un foco na Mezquita, terán que ir a Verín.

Por Europa Press / Redacción | Compostela | 01/10/2020 | Actualizada ás 15:22

Comparte esta noticia

A Xunta obrigará a estudantes e profesores a desplazarse aos hospitais de referencia para facer probas PCR no caso de detectarse un positivo nunha aula escolar. Entre este venres e o vindeiro luns botará a andar o denominado 'Covid-auto escola' co que a Consellería de Sanidade pretende centralizar todas as probas PCR que se teñan que realizar nun centro con contaxiados.

Deste xeito, no momento en que exista un caso de coronavirus nunha aula, alumnos e persoal docente deberán acudir a este 'Covid-auto' que estará situado no hospital da área sanitaria á que pertenza o centro educativo para someterse ao test PCR. Dese xeito, alumnos e profesores non poderán acudir ao seu centro de saúde máis próximo.

O obxectivo, segundo explicou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa posterior á reunión do seu executivo que deu luz verde a esta medida, é "descargar" a atención primaria e a pediatría e, así mesmo, "diminuír o tempo de sospeita e diagnóstico".

Ademais, o xefe do Goberno galego tamén avanzou que este venres arrinca un novo cribado entre os 44.000 profesionais do Sergas e as entidades dependentes do sistema sanitario galego. Unhas probas que serán realizados con material donado pola Fundación Inditex.

Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PICASA/ SERGAS - Arquivo / Europa Press
Punto COVID AUTO no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.. PICASA/ SERGAS - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Sería moi conveniente aumentar os Covid-Auto pero por outro lado vendo a saturación e pachorra coa que están a traballar os Centros de Saúde case mellor que os quiten do medio (para que non estorben!) e a ver se tódolos usuarios temos os resultados da PCR en poucas horas e non en semanas ! A fin de contas ir ao Hospital pode ser unha viaxe interesante para saír deste bucle infernal (?) E de paso tomamos unha coca-cola na vila ?