Todos os partidos da esquerda nacionalista apoian a Maduro

BNG, anova, MpB, Nós-UP, PCPG, Primeira Linha asinan un manifesto a prol da vitoria de Nicolás Maduro nas eleccións de Venezuela.

Por Galicia Confidencial | Vigo | 17/04/2013 | Actualizada ás 12:59

Comparte esta noticia

Anova, BNG, MpB, NÓS-UP, PCPG e Primeira Linha, as organizacións sindicais CIG e COG e as organizaçons xuvenís Briga e Isca!, alén da organizaçom estudantil Agir e o Capítulo Galiza do Movemento Continental Bolivariano (MCB) acaban de subscribir o manifesto "Galiza coa Venezuela bolivariana. A vitoria de Nicolás Maduro garante a súa continuidade" no que apoian abertamente a lexitimidade da vitoria do novo presidente de Venezuela.

Rolda de prensa da presentación do manifesto a favor de Nicolás Maduro
Rolda de prensa da presentación do manifesto a favor de Nicolás Maduro

A iniciativa promovida pola Associaçom Galega de Amizade coa Revoluçom Bolivariana (AGARB) conta co apoio de 12 organizaçons políticas, sindicais e sociais. O coordinador xeral da AGARB, Xavier Moreda destacou as grandes transformaciónns sociais, económicas, políticas e culturais de Venezuela promovidas pola Revolución Bolivariana. "Adiantos que nom só lográrom reducir a pobreza e as desigualdades sociais, atingírom enormes conquistas nos ámbitos da educaçom, saúde, vivenda, deporte e servizos sociais", apuntou.

"Recuperazom da soberanía nacional"

Moreda incidiu que isto só foi posible pola política de "clara orientación patriótica e socialista" que conseguiu en pouco máis dunha década a "recuperaçom da soberanía nacional da Venezuela fronte a etapa da IV República cando o país semelhava ser umha simple neocolónia norteamericana".

Os asinantes do manifesto coniseran "imprescindíbel" a continuidade do proceso revolucionario bolivariano e socialista en Venezuela, pois é a única forma de "garantir as conquistas atinxidas" e seguir construíndo de forma tanxíble "umha alternativa ao caos neoliberal promovido polo capitalismo".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 13 comentarios

5 carolo

Estes represéntanse a si mesmos e a catro máis. Que vergoña! Apoiando os reximes autoritarios. Despois falan mal da Tathcher porque apoiou a Pinochet. Que falta de coherencia! Ah, claro que son comuinistas todos! Vai ser iso. Viva a inflación!!!

1 epoxi

Eu aínda non conozo o primeiro rexime non autoritario neste planeta. Partindo diso, calquera pode apoiar o que lle pete, faltaría máis.

4 Bautista do Unto

Madurar tiñan que madurar moitos dos da foto

3 Antón

Dirás, "Todos os partidos da extrema esquerda nacionalista", non? GC con titulares tan exactos, como de costume...

2 DigoEu

Hai que aclarar que o PCPG non é nacionalista.

1 Un que pasaba por aí

Que organizacións son Batallar e Actuar? Non serán Briga e Agir?

1 eudx

E Primeira LiNHa