Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/10/2020 | Actualizada ás 18:13
O 061 sinala a importancia de recoñecer os síntomas previos, coincidindo coa conmemoración do día europeo da concienciación ante o paro cardíaco.
Así, subliña a importancia de coñecer eses síntomas e tamén as técnicas de reanimación cardiopulmonar, para poder "reaccionar con rapidez".
A Xunta, segundo lembra, a través da Consellería de Sanidade, aposta por "iniciativas que melloran a supervivencia á parada cardiorrespiratoria".
Entre elas, apunta ao programa 'RCP na Aula', 'Acode e Axuda', e os máis de 1.800 desfibriladores semiautomáticos externos dados de alta cos que conta Galicia para ser utilizados, en situación de necesidade, por calquera testemuña.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.