O PSdeG critica a Feijóo por oporse ao estado de alarma para parar a Covid

Pídelle que "non obstaculice as tarefas que hai que tomar para actuar contra o virus".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2020 | Actualizada ás 14:16

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, instou ao presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a que solicite, como xa fixeron ata o momento nove autonomías, a declaración do estado de alarma como ferramenta legal para o ditado de restricións extraordinarias para conter a expansión do virus.

Caballero ofreceu unha rolda de prensa na mañá deste sábado para reclamar a Núñez Feijóo que "non obstaculice as tarefas que hai que tomar para actuar contra o virus" e, deste xeito, se sume ás comunidades que piden a reactivación do estado de alarma, que previsiblemente será declarado este domingo nun Consello de Ministros extraordinario.

"Feijóo ten que decidir se quere estar na estratexia da confrontación do PP ou no que lle piden os cidadáns", sinalou Caballero, que advertiu de que "cada día que pasa é un día" e "non" poden "dilatarse as solucións".

Ademais de apoiar a declaración do estado de alarma, que considera a "mellor ferramenta legal" para apoiar as medidas, o líder dos socialistas galegos tamén reclama ao presidente da Xunta que leve a cabo "un plan de resposta ante o virus" que pase por "reforzar" o sistema sanitario cunha aposta pola atención primaria e que "non se atrasen" operacións e intervencións. "A mellor forma de defender a economía é frear o virus e defender a saúde da cidadanía", sentenciou Caballero.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios nos corredores da Cámara.
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, en declaracións aos medios nos corredores da Cámara.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta