Denunciados por circular bébedos e drogados baixo o toque de queda en Ourense

Un deles tiña a ITV e o carné caducados.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/11/2020 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Dous condutores foron denunciados na provincia de Ourense por incumprir a restrición de mobilidade nocturna --de 23,00 a 6,00 horas en Galicia-- no marco das restricións pola pandemia pola Covid-19 e dar positivo en alcol e drogas.

Segundo informou a Garda Civil, ambas as actuacións tiveron lugar a madrugada do pasado sábado día 31 de outubro cando ás 00,20 horas axentes de Tráfico do Destacamento do Barco de Valdeorras observaron a "circulación irregular" dun turismo na travesía desta localidade.

Por iso, procederon a controlar ao condutor, que obtivo resultado positivo por consumo de drogas, concretamente THC, e comprobaron que tanto o seu permiso de condución como a ITV do vehículo estaban caducados. Na actuación estiveron apoiados pola Policía Local desta localidade.

As mesmas fontes indicaron que esa mesma noite a patrulla de Tráfico foi requirida ás 1,15 horas por axentes de seguridade cidadá do Posto da Garda Civil de Viana, co fin de realizar a proba de alcoholemia a outro condutor interceptado na localidade da Rúa que desobedecera as ordes dos axentes e "presentaba síntomas evidentes de acharse baixo a influencia de bebidas alcohólicas". Obtivo un resultado positivo de 0,77 mg/l.

A ambos os condutores fóronlle estendidas igualmente senllas denuncias por incumprimento da norma que regula a mobilidade nocturna, atendendo ao decreto da Xunta en canto ás restricións actuais obrigatorias para control da pandemia pola Covid-19.

Condutor interceptado pola Garda Civil de Ourense por saltarse o toque de queda e dar positivo en alcol e drogas.. GARDA CIVIL
Condutor interceptado pola Garda Civil de Ourense por saltarse o toque de queda e dar positivo en alcol e drogas.. GARDA CIVIL | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Chonilhos da Galiza

A onde imos cheghar? Prohibir beber e cometer infraccións automobilísticas... É que estes políticos e forzas de okupación xa non teñen vergoña...