Rodrigo Ramos lanza 'Subiote', un poema musicado de Neira Vilas

Esta nova canción vén acompañada dun fermoso vídeo realizado por David Fidalgo.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/11/2020 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

O músico Rodrigo Ramos achega un segundo adianto do seu terceiro álbum logo de presentar o seu primeiro single "Polvo y escarcha": Agora, Ramos lanza "Subiote", un poema musicado do escritor Xosé Neira Vilas, "un tema íntimo con carácter pop folk que evoca aires do rural", segundo explica.

O músico Rodrigo Ramos
O músico Rodrigo Ramos | Fonte: remitida

Esta nova canción está acompañada por un videoclip de animación realizado polo director nomeado aos Premios Goya, David Fidalgo Omil; e representa, segundo palabras do propio Ramos, unha metáfora sobre o percorrido da música pola paisaxe galega.

A gravación tivo lugar no estudo Planta Sónica e foi producido por Pancho Suárez. Ademais, os músicos que participan neste proxecto xunto con Ramos son Iago Fernández, Ale, Paula Rouco e Antón Torroncho. Ata este momento, Rodrigo Ramos xa leva publicados outros dous discos: "Mirabas Almas" 2017 e "Sol de Invierno" 2019. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta