O Sergas deixou sen PCR a alumnos cuxos profesores deron positivo, segundo as Anpas

Denuncian que os estudantes tampouco foron confinados. As anpas cargan contra o "terrible descontrol" da Xunta no tocante ós casos en centros.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/11/2020 | Actualizada ás 22:20

Comparte esta noticia

A Confederación de Anpas Galegas volve a cargar contra a xestión das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a crise da covid. Neste caso, a asociación de nais e pais centra o foco no incremento do número dos contaxios en aulas e o “terrible descontrol” que ven na xestión de casos confirmados, sospeitosos e compatibles.

Realización de probas PCR. UCV
Realización de probas PCR. UCV

A denuncia fundamental das anpas é a “disparidade” de criterios á hora de facer probas PCR a alumnos e profesores. “Temos casos cun positivo e aula pechada e outros cun positivo onde só só hai unha ou dúas persoas en corentena”, explican nun comunicado. Outro problema é a velocidade das PCR, que nalgúns casos son feitas “rapidamente” e noutros nin sequera se fan, segundo denuncian.

Nais e pais cargan contra o modelo organizativo da Consellería de Sanidade porque, din, está a xerar “inseguridade” nas familias ante a posibilidade de ser contaxiados por un gromo nas aulas. Neste aspecto, dirixen as súas críticas contra un caso concreto acontecido no colexio Rosalía de Castro de Lugo, onde -relatan- unha docente deu positivo nunha aula pero os alumnado non recibiu probas nin sequera foi confinado.

SEN CORENTENA

Paralelo é o caso que denuncian en Burela, onde unha colaboradora do comedor escolar do CEIP Vista Alegre deu positivo, de novo sen que seguisen novas probas nin confinamento algún. “Como é posible que os os rastrexadores tarden máis dunha semana en poñerse en contacto co alumnado confinado para facer a PCR ou o seguimento? Ou o caso, aínda máis absurdo de chamar a alumnado non confinado (que deberan estalo) para dicirlles que podían saír do confinamento?”, pregúntanse as ANPAS.

Fronte a estas circunstancias, a plataforma fai fincapé tamén na actitude da Consellería de Educación no tocante ós “famosos” plans de continxencia, mencionados polo departamento de Román Rodríguez xa no verán de cara a unha educación non presencial. Con todo, din as anpas, “O ensino virtual para todo o alumnado que agora mesmo está en corentena segue sendo unha utopía”.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 FakeJó

E o que non se sabe. Non vos podedes imaxinar a sorte que está habendo.