Feijóo convértese no branco das críticas por "mentir" sobre o número de rastrexadores

O baile de cifras protagonizado polo goberno galego vén de recibir duros ataques da oposición.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/11/2020 | Actualizada ás 09:35

Comparte esta noticia

Tropezo da Xunta de Galicia cos rastrexadores. Logo de afirmar o presidente Núñez Feijóo que Galicia contaba con arredor de 6.000 destes postos -presumindo de ser a comunidade mellor dotada-, o líder do goberno galego recoñece finalmente que, en realidade, a cifra real descende a 700.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello da Xunta do 1 de outubro. DAVID CABEZÓN
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na rolda de prensa do Consello da Xunta do 1 de outubro. DAVID CABEZÓN | Fonte: XUNTA - Arquivo

As contradiccións da Xunta de Galicia, acrecentadas horas despois polas declaracións do Conselleiro de Sanidade Julio García Comesaña, foron contestadas con dureza pola oposición. Da bancada do Bloque xurdiron acusacións de ter creado un "relato fraudulento", por parte de Montse Prado. No caso dos socialistas, foi o voceiro Gonzalo Caballero quen cargou contra a "política de escurantismo" do presidente da Xunta, á par que o urxiu a "reforzar" o sistema de rastrexo con vistas a reducir contaxios.

O baile de cifras protagonizado pola Xunta tamén vén de converterse en motivo de crítica nas redes sociais, onde políticos e tuiteiros están a verquer as súas mostras de indignación contra as "mentiras" do presidente.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta