Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/11/2020 | Actualizada ás 12:54
O Eixo Atlántico e o Consello Económico e Social de Galicia presentaron un plan para o corredor atlántico ferroviario, con actuacións previstas por valor de 2.358 millóns de euros, co obxectivo de que esta rexión deixe de ser "un xigante durmido".
Nunha rolda de prensa telemática, o secreterio do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destacou que levan "meses solicitando ao ministerio o plan director", pero "ninguén" tivo acceso a el, polo que "non se pode afirmar se existe ou non", algo no que coincidiu a alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez.
De aí á elaboración dun plan director "propio", aínda que Vázquez Mao apostou por non chamarlle así, senón 'Elementos para a redacción dun Plan Director do Corredor Atlántico', do que fíxose cargo o enxeñeiro Miguel Rodríguez Bugarín, exdirector xeral de Mobilidade na Xunta. "Na práctica, o documento recolle todo o que hai que facer en cada un dos tramos da vertente galega do corredor", subliñou o responsable do Eixo Atlántico.
"DEIXARSE DE ENFRONTAMENTOS"
Xoán vázquez Mao avisou de que "xa non hai escusa" e "ten que haber unha acción institucional conxunta" e "deixarse de enfrontamentos e posicionamentos políticos partidistas" posto que o que está "en xogo" é "o futuro" dos portos e da economía xa non só galega, ao seu xuízo, senón o da española no seu conxunto.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.