O CHUS implantará unha tecnoloxía pioneira no Estado para o tratamento do Parkinson

O hospital contará tamén cunha nova unidade de ictus.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/11/2020 | Actualizada ás 15:27

Comparte esta noticia

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUG) contará cunha nova unidade de ictus e con tecnoloxía pioneira na sanidade pública de España para o tratamento de trastornos de movemento e párkinson. O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou na mañá deste sábado as instalacións do Clínico acompañado pola xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez.

Ambos foron os encargados, nun acto celebrado no hall de entrada do hospital compostelán, de presentar a reforma, que consistirá na adecuación da área de neuroloxía para a súa conversión nun único espazo que albergará a área de tratamento ao ictus.

A actuación, que ten un prazo de execución de dous meses, conta cun orzamento de 450.000 euros e encádrase dentro do Plan Ictus, iniciado no ano 2016 para reducir a mortalidade desta patoloxía na que o tempo que transcorre entre a súa detección e a chegada ao hospital resulta clave. A nova unidade de ictus forma parte do plan de investimento previsto para a área sanitaria de Santiago para o próximo exercicio, no que a Administración autonómica prevé gastar 10 millóns de euros no distrito da capital galega e a comarca do Barbanza.

Parte dese desembolso irá parar á compra de equipos que converterá ao CHUS no primeiro hospital público de Santiago en contar co sistema 'HIFU' de ultrsonidos de alta frecuencia para o tratamento do Parkinson e outras enfermidades do movemento.

En palabras do conselleiro, este equipamento, que terá un custo de 1,8 millóns de euros, suporá "un importante avance" no tratamento dos tremores refractarios para aqueles pacientes que non entran dentro dos criterios de cirurxía, así como naquelas persoas que padezan parkinson de predominio unilateral.

Visita do conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, ao CHUS. ANA VARELA
Visita do conselleiro de Sanidade, Xullo García Comesaña, ao CHUS. ANA VARELA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta