Queres estar ao día de todo o que acontece co cambio climático? Aquí tes unha nova web galega

Bota a andar Planeta Mauna Loa, unha nova publicación que compila información sobre medio ambiente de 40 medios de divulgación distintos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2020 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O xornalismo segue á procura de novos camiños para transitar. Desta vez, nace en Galicia un novo proxecto que leva por nome Planeta Mauna Loa, impulsado por dous profesionais do eido: Tania Alonso e Juan Fernández. Este novo traballo que bota a andar trátase dunha newsletter semanal sobre medioambiente e cambio climático.

Protexendo a natureza
Protexendo a natureza

Segundo explican os seus propios creadores, cada semana encárganse de ler persoalmente uns 40 medios de comunicación e divulgación para logo presentar a través deste proxecto as noticias máis relevantes sobre medioambiente accesibles a través dunha lectura non superior a 5 minutos. Ademais, explican, "engadimos todas as ligazóns para quen queira profundar".

O obxectivo último é que os lectores e lectoras poidan estar informados sobre todo o que ocorre no noso planeta sen necesidade de facer unha procura exhaustiva en diferentes medios de comunicación. "Trátase dun formato que está a cobrar moita importancia a nivel informativo, e ademais, sobre un tema con cada vez máis relevancia na axenda",  analizan.

A través deste enlace poden verse todas as publicacións que viñeron desenvolvendo ata a data e, para dar continuidade ao proxecto, piden a colaboración das lectoras mediante subscricións. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta