Os amos do progresismo

O grupo PRISA é o medio de comunicación “progresista” de España. Desde el deféndese a visión denominada vulgarmente “socialista” ou “socialdemócrata”, e “á “española”. As persoas que se afirman “progues”, xa sexa por interese crematístico, estética, tradición, por convicción ou conveniencia, fórmanse na opinion que ese medio lanza e presenta día a día. Iso a través dos seus múltiples medios, como prensa, radio, editoriais, libros, etc. É a biblia do progresismo español, a verdade autentica para os seus seguidores. Máis, ¿quen son os donos deses medios tan “socialistas”?.

Por Álvaro Rodríguez | A Coruña | 01/12/2020

Comparte esta noticia
Os donos máis importantes do grupo (véxase a páxina Web de PRISA), son os seguintes:  Amber Capital  UK  LLP   é o accionista principal, co 29,8% de capital, e é un fondo de investimentos anglosaxón.  Telefónica, cun 9,44%. O banco  HSBC, co 9,11%.   Os Polanco, co 7,6% (Jesús de Polanco, antes do seu falecemento en 2007 era o terceiro home máis rico de España e un dos máis ricos do mundo); o  empresario  Carlos  Slim, co 4,3%, (no  ano 2008 tamén comprou o  6,4 % do xornal estadounidense moi “progresista”  The New York Times, por un valor aproximado de 123 millóns de dólares).  Non podía faltar o Banco Santander, cun 4,1%.  Un xeque árabe é dono doutro 5%, e o resto repártese entre outros grandes adiñeirados e fondos bancarios internacionais.  
 
Como se pode apreciar, a Banca internacional e española, grandes empresas e multimillonarios son os donos de medios tan progresistas como El Pais,  As, Cinco Dias, O  HuffPost, Cadea SER, Os40, ou Editorial  Santillana.  Conta con 1.250 emisoras de radio en  Méjico, Arxentina, Chile Colombia, e un longo etc. É dona tamén do maior grupo audiovisual de Portugal, con TV e radios (Grupo Media Capital). 
 
A súa situación financeira é de quebra. Na súa páxina Web indicaba  a data do 30 de xuño de 2015 que  acumulaba unha débeda de 1.901 millóns de euros. E a pesar de dar perdas, os donos seguen coa empresa en funcionamento. É curioso que bancos e capitalistas que buscan beneficio, teñan un negocio tan ruinoso…Ou tamén,  talvez é moi rendible, e os beneficios económicos entran aos seus donos  por outras vías…E é que,  estimados lectores, o grupo   PRISA nomea, coloca, designa os gobernos de España desde a morte de Francisco Franco. E o que é máis importante, sinala o que hai que facer no poder. 
 
En calquera sistema político o control  e manipulación da  opinion pública é básico, dado que a  coerción e a violencia non son instrumentos que garantan o dominio político a medio e longo prazo. Só co control ideolóxico, do pensamento, moral, da información,  garántese o control da sociedade, e da esencia do político. 
 
 E é que a hexemonía política a  detenta o “Progresismo”, e os seus donos son  a Banca e o gran capital, a través dos medios de propaganda, ou chamados de información, de masas, e en especial o Grupo PRISA. 
 
A hexemonía cultural é un termo desenvolvido polo comunista italiano Antonio  Gramsci durante a época do fascismo de Mussolini. Á vista da política que implementaba o réxime fascista, percibiu que as normas culturais dominantes dunha sociedade son impostas pola clase dominante (na actualidade a Banca e o gran capital), e por iso, son unha construción social  artificial,  instrumentos de dominación de clase, que na actualidade é a gran banca. 
Talvez o comportamento de  Mollie, o personaxe de Rebelión na granxa de George Orwell axúdenos a comprender o funcionamento da actual hexemonía cultural, ou  talvez os porcos; é  opinable. O que parece máis claro,  é que é máis fácil ver a palla na política pasada que a viga na política actual. 

Cartel do grupo Prisa
Cartel do grupo Prisa
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA