Restrablecida a circulación dos trens entre A Coruña e Vigo tras o descarrilamento en Pontevedra

O tren tiña 53 pasaxeiros cando descarrilou na noite deste xoves.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/12/2020 | Actualizada ás 10:04

Comparte esta noticia

A circulación da liña de tren entre A Coruña e Vigo quedou restablecida de madrugada, despois do descarrilamento dun tren rexional ocorrido na noite do xoves nas proximidades de Pontevedra sen deixar feridos.

No tren rexional, que cobre a ruta entre Santiago de Compostela e Vigo, viaxaban 53 pasaxeiros cando descarrilou. O accidente produciuse sobre as 21.41 horas á altura de Cerponzóns, parroquia de Pontevedra situada a un oito quilómetros da cidade. No tren viaxaban 53 persoas, ningunha das cales resultou ferida o descarrilamento, segundo informou o 112 Galicia. Todas eles foron trasbordadas a outro tren para ser trasladados ao seu destino.

Adif indicou que a circulación férrea quedou completamente interrompida como consecuencia do accidente.

Tren Celta (esquerda), que conecta Galicia con Portugal, e tren de cercanías de Renfe, na estación de Guixar en Vigo
Tren Celta (esquerda), que conecta Galicia con Portugal, e tren de cercanías de Renfe, na estación de Guixar en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta