O Sindicato de Traballadores pon en marcha unha campaña para que ningún neno quede sen agasallos este Nadal

O obxectivo é recaudar diñeiro a través da plataforma de crowfunding GoFundMe.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2020 | Actualizada ás 12:00

Comparte esta noticia

Como cada ano, o Sindicato de Traballadores galego (STR) inicia a campaña de xoguetes solidarios co fin de que ningún neno quede sen agasallos de Nadal. Este ano, ademais, a iniciativa supón crear un crowdfunding co fin de recaudar diñero a través da Plataforma GoFundme e mercar agasallos a aqueles nenos sen familia: "Este ano nós seremos paxes reais para eles", defenden desde o colectivo.

As bonecas son o regalo preferido este Nadal
As bonecas son o regalo preferido este Nadal | Fonte: muñecalandia.com

Debido ás circunstancias actuais, non se poderán recoller xoguetes nos centros de traballo e sedes territoriais, “pero non deixaremos de poñer o noso gran de area para que a ningún neno nin nena lle fallte un agasallo nestas datas tan máxicas para todos”, aseguran os promotores da campaña. 

Este ano, o Sindicato de Traballadores galego colabora coa Fundación Soñar Despierto, que cada ano pide aos nenos dos centros de acollida e residenciais que escriban e envíen unha carta aos Reis Magos pedindo un agasallo. Grazas a ambas iniciativas, ningún neno nin nena quedará estas festas de Nadal sen agasallos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta