Paso atrás para Santiago que volve a estar confinada pola evolución da pandemia

Ribeira e os pontevedreses de Bueu e Baiona incorpóranse ao nivel máximo de restricións.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/12/2020 | Actualizada ás 22:43

Comparte esta noticia

O comité clínico que asesora á Xunta respecto da evolución do coronavirus decidiu este martes que Santiago de Compostela volve quedar pechada perimetralmente debido á evolución da pandemia.

Pola súa banda, o municipio coruñés de Ribeira e os pontevedreses de Bueu e Baiona incorpóranse ao nivel máximo de restricións. Respecto deste último municipio, queda en nivel máximo, distinto ao de Vigo, así que o seu peche perimetral é en solitario.

CAMBIOS

Interior dun bar en Santiago de Compostela a 4 de decembro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press
Interior dun bar en Santiago de Compostela a 4 de decembro de 2020.. Álvaro Ballesteros - Europa Press | Fonte: Europa Press

O nivel de máxima restrición supón, ademais da prohibición de moverse a outros municipios, a apertura da hostalaría, cun 30% de aforamento interior e un 50% no exterior, ata as 17.00 horas e cun grupo máximo de catro persoas, convivientes ou non. As reunións sociais permítense cun límite de catro persoas non convivientes.

Pola súa banda, Santa Comba, Mazaricos, Negreira, Carnota, Rodeiro, A Illa e Fisterra pasan ao nivel medio alto de restricións, que leva tamén o peche perimetral. Ademais, supón a apertura da hostalaría cun 30% de aforamento interior e un 50% no exterior, ata as 17.00 horas e cun grupo máximo de catro persoas, convivientes ou non. As reunións sociais permítense cun límite de catro persoas non convivientes.

Os expertos do comité clínico tamén acordaron implementar "unha vixilancia especial" nos municipios de Verín, O Barco, Cedeira e San Sadurniño, así como na Rúa, que xa está con restricións de nivel medio alto.

SUAVÍZANSE AS RESTRICIÓNS

Por contra, suavízanse as medidas en Barro, Coristanco, Cee, Laxe, Carballo e Ponteceso, que pasan ao nivel básico de restricións, co que se suprimirá a limitación de mobilidade.

Ademais, a hostalaría poderá abrir ao 50% da súa capacidade no interior e ao 75% no exterior, ata as 23.00 horas. As agrupacións de mesas poderán ser de ata seis persoas e as reunións poderán ser dun máximo de seis persoas convivientes ou non.

PLAN DE NADAL

O comité clínico aprobou tamén este martes o plan específico de Nadal para Galicia, de cuxos detalles dará conta este mércores o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, nunha rolda de prensa ás 11,30 horas.

A proposta da Xunta para as datas do Nadal terá como referencia o documento aprobado polo Goberno central e as comunidades no Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde, pero as autoridades galegas xa avanzaron que se axustará ás particularidades da comunidade.


Estas decisións do comité de expertos que asesora á Xunta prodúcense cando este martes foi a segunda xornada consecutiva en Galicia na cal os casos activos aumentaron, ata situarse en 5.598 (38 máis que o día anterior).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta