Subirán os contaxios tralo Nadal?... A resposta podería estar nas augas residuais

A USC desenvolverá un proxecto para analizar a incidencia do virus en Compostela a través das augas dunha depuradora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/12/2020 | Actualizada ás 17:29

Comparte esta noticia

A Xunta e a Universidade de Santiago (USC) desenvolverán un proxecto conxunto para o seguimento e detección precoz da presenza de covid-19 nas augas residuais de Santiago de Compostela. A administración autonómica, a través da Consellería de Infraestruturas e da Consellería de Sanidade, asinará un convenio de colaboración coa USC e coa concesionaria do servizo municipal da auga de Santiago, Viaqua, para facer este seguimento.

En concreto, controlarase a presenza de covid-19 nas augas de entrada da EDAR da Silvouta, de titularidade municipal, tres veces por semana, durante o primeiro cuadrimestre do ano 2021, o que permitirá avaliar a incidencia e a evolución do virus e establecer tendencias. A toma de mostras iniciarase a próxima semana e permitirá seguir a evolución dos contaxios na cidade tras as festas do Nadal, analizándose a repercusión do retorno dos estudantes e tamén o inicio da campaña de vacinación.

Ademais do seguimento da auga de entrada á depuradora, no marco do convenio tamén se tomarán mostras das augas residuais en colectores, tentando sectorializar distintas áreas da cidade, analizando tamén a presenza de material xenético do virus en diferentes etapas da estación depuradora de augas residuais, tanto na liña de auga como en residuos.

Imaxe dunha depuradora.. GENERALITAT
Imaxe dunha depuradora.. GENERALITAT

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta