O BNG urxe ao Estado que baixe "de maneira inmediata" as peaxes da AP-9

"O Goberno ten de cumprir os compromisos que adquiriu", asegura Néstor Rego.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2020 | Actualizada ás 14:02

Comparte esta noticia

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, esixiu ao Goberno do Estado que baixe "de maneira inmediata" as peaxes da AP-9, un "dos compromisos adquiridos" ao asinar o acordo de investidura cos nacionalistas galegos o pasado mes de xaneiro.

Segundo recolle o BNG, esta medida ten, ademais, "unha consignación orzamentaria a través de tres partidas que suman globalmente 55 millóns de euros", dos que 50 "son para bonificar as peaxes aos usuarios recorrentes".

Tendo en conta que os orzamentos quedaron aprobados no pasado 23 de decembro, para Néstor Rego "resulta inexplicable que o Goberno non fixese aínda as modificacións regulamentarias necesarias para poder aplicalos desde 1 de xaneiro de 2021", unha data na que, en contra de baixar, subirán as peaxes da autoestrada atlántica.

"O Goberno ten de cumprir os compromisos que adquiriu porque, ademais, non é un compromiso só co BNG, senón co conxunto dos galegos e galegas, que están a esperar que por primeira vez baixen os custos de utilización da AP-9, o que é fundamental para o noso país", explicou Rego.

Autoestrada AP-9. AUDASA - Arquivo
Autoestrada AP-9. AUDASA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Mentres non deixe caer a Deputación de Pontevedra nin caso !!!