A Xunta deixa no aire a data de regreso ás aulas a poucos días da fin das vacacións

Educación afirmou o 19 de decembro que o regreso quedaba previsto para o venres 8. Agora abren a porta a un aprazamento se "as autoridades sanitarias o indican".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2021 | Actualizada ás 13:10

Comparte esta noticia

As clases en Galicia comezarán este venres día 8 "salvo que as autoridades indiquen que é máis seguro" o vindeiro luns 11, segundo constatou o conselleiro de Educación, Román Rodríguez. A preguntas dos xornalistas, o conselleiro apuntou ao regreso ás aulas "o día 8 con normalidade" a non ser que as autoridades sanitarias decidan atrasar esta data. Neste sentido, apuntou á reunión deste luns do comité clínico, que, en caso de adoptar algunha medida distinta á prevista para a volta aos centros educativos, "farase saber".

En calquera caso, ao seu xuízo, "o máis importante de todo isto é reafirmarse en que os centros educativos e as aulas son lugares seguros", xa que na súa opinión "confirmouse con datos empíricos que non son lugares de transmisión da pandemia", debido ás medidas "difíciles" tanto en termos organizativos como económicos postas en marcha, "como polo gran traballo de profesorado e alumnos, auténticos jabatos cumprindo e respectando as normas".

Estudante galega con apuntamentos e estoxo nunha aula de Galicia. ANA VARELA/XUNTA - Arquivo / Europa Press
Estudante galega con apuntamentos e estoxo nunha aula de Galicia. ANA VARELA/XUNTA - Arquivo / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta