Os galegos apostan por SEAT

A empresa Citröen domina as ventas en seis autonomías pero non en Galicia, a pesares de ter a súa factoría central na Península en Vigo.

Por Galicia Confidencial | Madrid | 06/07/2013 | Actualizada ás 17:00

Comparte esta noticia

O SEAT León é o coche preferido polos galegos en 2012. Foi o máis vendido en Galicia con moita diferencia, a pesares de que o seu inmediato competidor, o Citroën C4, prodúcese na factoria que esta multinacional ten en Vigo.

Mapa de vendas de coches no 2012
Mapa de vendas de coches no 2012

Precisamente, a marca máis vendida en todo o Estado foi Volkswagen, tendo en conta que agora, SEAT, a antiga marca española de automóbil, pertence ao xigante alemán. Sen embargo, non domina as vendas en ningunha das autonomías segundo un estudo de motorpasion.com.

Quen si o fai, e con vantaxe é Citroën. Controla o mercado de seis comunidades; Cantabria, Navarra, Euskadi, Murcia, Castela A Mancha e Andalucía. Sen embargo, non é a máis vendida en Galicia a pesares das axudas da Xunta e dos investimentos da súa matriz francesa.

Diferencias

Non acontece iso no resto de comunidades que teñen fábrica de coches. É o caso de Castela-León, Valencia, Cataluña e Aragón, no que coincide que o modelo máis vendido é o da marca que alí se produce na devandita autonomía.

Feijóo no Citroën C6 cando era líder da oposición
Feijóo no Citroën C6 cando era líder da oposición | Fonte: Público

Tampouco queda curta a outra marca francesa, que co Renault Mégane controla boa parte das comunidades do oeste/noroeste interiores. Arrasa en Madrid, máis do dobre de unidades que os máis vendidos en Cataluña, Andalucía e Valencia. A Rioxa foi seducida polo Peugeot 308, que comeza a ter unha forte presenza no Estado.

General Motors queda con Aragón e as Illas Canarias. Aos maños vailles máis o Opel Astra, mentres que os canarios prefiren o Opel Corsa. No Mediterráneo hai forte presenza xaponesa, o Nissan Qashqai liderou en Cataluña, as Illas Baleares e as cidades autónomas en África. Valencia, pola contra, é claramente fordiana. O máis vendido alí foi o Ford Festa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 ssss

Sempre buscando e mercando fora o que temos e melloramos con moito na casa, outra mostra mais do noso auto odio, e van....