Ethel Vázquez ao BNG: "En Pontevedra non teñen nin transporte urbano"

O PP de Pontevedra rexeita os orzamentos do goberno local, que ve "un curta e pega" dos anteriores.

Por E.P. | A CORUÑA | 11/01/2021 | Actualizada ás 13:43

Comparte esta noticia

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, mostrouse "sorprendida" de que o BNG criticase o plan de transporte público de Galicia cando, afirma, "onde goberna non fai absolutamente nada por melloralo". Como exemplo puxo a cidade de Pontevedra, que "non ten nin transporte urbano e están obrigados a telo".

En declaracións aos medios nun acto en Arteixo, a responsable autonómica destacou que o plan "facilita día a día os desprazamentos a todas as persoas e con mellores horarios e frecuencias" e denunciou, en referencia ao BNG, que "o fácil é falar do traballo dos demais".

Segundo Vázquez, Galicia é "a única comunidade autonómica" que modernizou" e "transformou" todo o transporte público e recriminou aos nacionalistas as críticas en información ou frecuencias das liñas. "Sorpréndeme enormemente porque o BNG onde goberna non fai absolutamente nada para a mellora do transporte público", engadiu.

Parada dun autobús do transporte urbano
Parada dun autobús do transporte urbano | Fonte: EUROPA PRESS - Arquivo

PP

Por outra banda, o grupo local do PP de Pontevedra rexistrou este luns unha emenda á totalidade dos orzamentos elaborados polo goberno bipartito de BNG e PSOE por considerar que son "un corte e pega" dos anteriores". En rolda de prensa os concelleiros populares Rafa Domínguez e Gerardo Pérez Puga criticaron que "son uns orzamentos continuistas, practicamente un curta e pega dos anteriores, nos que non se ten en conta, nin figura, a crise xerada pola covid-19".

O portavoz do PP local, que reprochou que todas as propostas da súa formación fosen rexeitadas na elaboración das contas, censurou que "o documento non recolla axudas directas a autónomos, comercio local e hostalaría".

"Non conta coa eliminación e exención de taxas que pedimos, que vimos como o PSOE nun primeiro momento valorouna positivamente para daquela ser chamado á orde polo BNG; e non inclúe o incremento do gasto social que solicitamos, para así seguir sendo unha das capitais de España con menor investimento en Servizos Sociais", censurou.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta