Os hostaleiros de Ferrolterra piden un rescate ante as "escasas" axudas que lles chegan

"Énos imposible xa facer simplemente fronte aos gastos que temos e as axudas das que tanto falan", din desde o colectivo de hostaleiros da comarca.

Por E.P. | Ferrol | 13/01/2021 | Actualizada ás 20:25

Comparte esta noticia

Hostaleiros e autónomos de Ferrolterra reclamaron das administracións "un rescate" ante a difícil situación económica que aseguran que están a atravesar, con axudas "moi escasas" e que "chegan aos que chegan".

"Coas restricións actuais e coas que van vir a partir deste venres, ímos todos á ruína", asegurou Azucena Rico, unha das portavoces deste colectivo durante a concentración que desenvolveron desde as 19,00 horas deste mércores na praza de Armas de Ferrol e que foi secundada por máis dun centenar de pequenos empresarios e tamén asalariados.

"Énos imposible xa facer simplemente fronte aos gastos que temos e as axudas das que tanto falan, tanto a Xunta como os concellos, as poucas que chegan, non alcanzan para finalizar o mes sen seguir acumulando débeda", detallou esta empresaria, que conta cun local de lecer nocturno.

"Se non podes facturar, que che dean unha pequena axuda, non quere dicir que poidas sobrevivir, xa que o que estás a facer é endebedarte máis, e se ten algunha débeda, que é moi fácil tela, despois de tantos meses, xa non se pode acceder a estas axudas", resumiu.

A empresaria ferrolá detallou que o sector está "pechado ou limitado por decreto", polo que reclaman "un rescate" ante un panorama no que "moitos negocios van ter que pechar". As novas restricións, que entran en vigor o venres, van supor que "moitos" establecementos "xa non van poder abrir, por non dispor de terraza ou porque, en caso de tela, co clima que temos e a época do ano nas que estamos, non van ter nin un cliente", destacou Rico.

Concentración de hostaleiros en Ferrol.
Concentración de hostaleiros en Ferrol. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Guillerme Gintonic

Era o que faltaba: Rescatar bares. A chorar a Cangas ¡¡¡